Iniciamos un repaso das propostas ⭐ estrela do noso Programa de Goberno para cada parroquia e que poden resultar máis ilusionantes e proveitosas para a veciñanza. Comezamos pola do Pindo.
Un dos proxectos contemplados no noso programa que máis nos ilusiona é a creación dun novo camiño ata a fervenza do Ézaro pola beira de Carnota.
Este magnífico fenómeno natural, único na Europa continental na que un río verte as súas augas no Atlántico en fervenza, nunca foi aproveitado apenas como recurso polo noso Concello pese a compartir a titularidade do espazo con Dumbría.
Con esta actuación, que combinará seccións de sendeiro de pe con pasarela de madeira, conseguiremos aproveitar tamén este recurso único que atrae cada ano a moitísimos milleiros de visitantes.
Agardamos que con esta actuación respectuosa co medio ambiente se cree un novo recurso turístico que poidan aproveitar os operadores do Pindo e do resto do Concello, e gozar tamén toda a veciñanza de Carnota que nunca visitou este fenómeno natural desde este punto de vista.
![]() |
| Por fin o Coaduiro terá un fácil acceso pola beira de Carnota, creando un novo recurso turístico para O Pindo |
Este magnífico fenómeno natural, único na Europa continental na que un río verte as súas augas no Atlántico en fervenza, nunca foi aproveitado apenas como recurso polo noso Concello pese a compartir a titularidade do espazo con Dumbría.
Con esta actuación, que combinará seccións de sendeiro de pe con pasarela de madeira, conseguiremos aproveitar tamén este recurso único que atrae cada ano a moitísimos milleiros de visitantes.
Agardamos que con esta actuación respectuosa co medio ambiente se cree un novo recurso turístico que poidan aproveitar os operadores do Pindo e do resto do Concello, e gozar tamén toda a veciñanza de Carnota que nunca visitou este fenómeno natural desde este punto de vista.

Quítome o sombreiro!
ResponderEliminarSería fabuloso, ánimo con ese proyecto
ResponderEliminar