No pleno municipal do día 13 de decembro de 2024 , o BNG de Carnota trasladou diferentes cuestións relacionadas coa xestión municipal, os servizos públicos, o patrimonio, o ensino e as actuacións previstas no litoral. Un dos asuntos abordados foi a preocupación polas queixas, falta de información e denuncias presentadas por parte da veciñanza pola corta indiscriminada de grandes masas forestais en terreos privados , realizada coa autorización do Concello e sen seguir os trámites correspondentes. O BNG amosou no pleno a súa preocupación por esta forma de actuar, pola ausencia de información clara á veciñanza afectada e pola necesidade de garantir que calquera intervención deste tipo respecte a normativa e os procedementos administrativos. Tamén se tratou a situación do CEIP de Carnota . O pleno aprobou por unanimidade unha moción de urxencia na que a ANPA apoia o informe do propio centro, no que se solicitan as reformas necesarias para o mellor funcionamento do colexio. O BNG lembrou...