Saltar ao contido principal

Publicacións

Crónica do pleno do 13 de decembro de 2024

No pleno municipal do día 13 de decembro de 2024 , o BNG de Carnota trasladou diferentes cuestións relacionadas coa xestión municipal, os servizos públicos, o patrimonio, o ensino e as actuacións previstas no litoral. Un dos asuntos abordados foi a preocupación polas queixas, falta de información e denuncias presentadas por parte da veciñanza pola corta indiscriminada de grandes masas forestais en terreos privados , realizada coa autorización do Concello e sen seguir os trámites correspondentes. O BNG amosou no pleno a súa preocupación por esta forma de actuar, pola ausencia de información clara á veciñanza afectada e pola necesidade de garantir que calquera intervención deste tipo respecte a normativa e os procedementos administrativos. Tamén se tratou a situación do CEIP de Carnota . O pleno aprobou por unanimidade unha moción de urxencia na que a ANPA apoia o informe do propio centro, no que se solicitan as reformas necesarias para o mellor funcionamento do colexio. O BNG lembrou...

Crónica do pleno do 13/12/24: O BNG leva ao pleno a preocupación pola corta forestal, o CEIP de Carnota e a Casa do Mar de Lira

O BNG de Carnota levou ao pleno municipal do 13 de decembro a súa preocupación por diferentes asuntos que afectan directamente á veciñanza e ao interese xeral do concello: a corta indiscriminada de grandes masas forestais, a situación do CEIP de Carnota e os termos do convenio de cesión da Casa do Mar de Lira. En primeiro lugar, o BNG amosou a súa preocupación polas queixas, a falta de información e as denuncias presentadas por parte da veciñanza en relación coa corta de grandes masas forestais en terreos privados, que se estaría realizando coa autorización do Concello mais sen seguir os trámites correspondentes. Para o BNG, calquera actuación deste tipo debe facerse con todas as garantías legais, ambientais e administrativas. A xestión do territorio non pode depender da improvisación nin da falta de transparencia. Cando existen queixas veciñais e denuncias, o Concello ten a obriga de informar, comprobar os feitos e garantir que se cumpren os procedementos estabelecidos. No mesmo pleno...

O BNG pide o reforzo de servizos médicos e novas especialidades no hospital público da Costa da Morte

O BNG reclamou á Xunta de Galiza o reforzo de varios servizos médicos e a creación de novas especialidades no Hospital Público Comarcal Virxe da Xunqueira, en Cee. O deputado Oscar Insua presentou iniciativas no Parlamento galego para demandar máis medios nun hospital que atende a veciñanza da Costa da Morte e que continúa sen contar con servizos suficientes para garantir unha atención en igualdade de condicións co resto de Galiza. Entre as medidas reclamadas polo BNG está a creación dunha nova praza de psiquiatría para reducir as listas de agarda e mellorar a atención ás persoas usuarias. Tamén se demanda a recuperación do servizo de hospitalización a domicilio, HADO, dotándoo do persoal necesario para que funcionen as dúas unidades existentes hai un ano. O BNG reclama ademais un verdadeiro servizo de cardioloxía, coas prazas necesarias para que funcione as 24 horas do día e os 365 días do ano; unha quenda máis de diálise; e a ampliación do servizo de REA, sala de reanimación, á qu...

O BNG solicita a mellora das instalacións deportivas municipais da Costa da Morte

O BNG da Costa da Morte, a través do deputado Oscar Insua, presentou iniciativas no Parlamento galego para urxir á Xunta a convocar a liña de axudas ás entidades locais destinada á construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora das instalacións deportivas de titularidade municipal. A formación nacionalista advirte de que moitas instalacións deportivas da comarca se atopan nun estado moi deficiente. O problema agrávase pola falta dun sistema de financiamento local actualizado, que leva máis de vinte anos sen reformarse, obrigando os concellos a depender doutras administracións para acometer investimentos. O BNG lembra que desde 2023 o goberno galego non volveu convocar estas axudas para mellorar instalacións municipais nin para adquirir material deportivo inventariábel. A organización sinala que este ano tivo que ser a Deputación da Coruña quen financiase obras como a renovación do complexo municipal de Cee, San Paio de Refoxos, ou o novo campo municipal de Vimianzo, Os Irma...

Homenaxe a Castelao na Casa do Mar de Lira coa presenza de Ana Pontón

Máis dun cento de persoas participaron na homenaxe a Castelao organizada polo BNG de Carnota na Casa do Mar de Lira, nun acto celebrado o venres 24 de outubro dentro do Ano Castelao, con motivo do 75 aniversario do seu falecemento. O acto contou coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e de Primitivo Pedrosa . A presentación correu a cargo de Cristina Caamaño e varias persoas realizaron unha lectura pública de fragmentos de Sempre en Galiza , a obra fundamental de Castelao. A homenaxe tamén tivo unha parte musical, coa actuación da veciña Fátima Dosil, que interpretou o coñecido tema “Lela”. O acto rematou coa entoación do himno galego, acompañado polo gaiteiro Xosé Manuel. Na súa intervención, Ana Pontón destacou a pegada de Castelao no pensamento nacionalista galego e lembrou o seu papel na creación, en 1944, do Consello de Galiza, institución galega no exilio, polo que é recoñecido como primeiro presidente galego. Primitivo Pedrosa lembrou que Castelao celebrou un a...

Orzamentos da Xunta 2026: “nefastos e puro fume” para a Costa da Morte

O BNG da Costa da Morte cualificou como “nefastos e reiterativos” os orzamentos da Xunta de Galiza para 2026, ao entender que volven deixar a comarca sen os investimentos e servizos que precisa. A organización nacionalista considera que as contas presentadas polo goberno galego son “puro fume” e amosan unha falta total de compromiso coa Costa da Morte. Como exemplo, lembra que nos orzamentos de 2025 a Xunta incluíra 8 millóns de euros para a ampliación da autovía, sen que se executase nada durante o ano. Agora volve aparecer outra partida de 8 millóns, malia que o proxecto do corredor segue sen estar aprobado definitivamente. O BNG tamén denuncia a situación das obras para o servizo de tratamentos de quimioterapia no hospital comarcal, que tiña que estar funcionando en setembro e aínda continúa en obras. O responsábel comarcal, Xurxo Rodríguez Baña, definiu os orzamentos como “unha tomadura de pelo á Costa da Morte” e denunciou que o PP continúa sometendo a comarca a un trato discri...

As Xornadas do Mar do BNG abordan os problemas da pesca e do marisqueo na Costa da Morte

O BNG da Costa da Morte amosou a súa satisfacción pola boa acollida das “Xornadas do Mar: Presente e futuro do mar na Costa da Morte”, celebradas no Salón do Bitácora, no Ézaro. As xornadas reuniron patróns maiores de confrarías, traballadores e traballadoras da pesca e do marisqueo, persoas expertas e representantes do BNG para analizar os principais problemas do sector na comarca e avanzar propostas de futuro. O encontro foi presentado por Bieito Lobeira, membro da Executiva Nacional do BNG; Rosana Pérez, deputada de Mar do BNG no Parlamento galego; e Xurxo Rodríguez, responsábel comarcal do BNG Costa da Morte. Segundo a organización, participaron máis de medio cento de persoas. O BNG destacou a dinámica positiva da xornada e sinalou que as persoas participantes pediron continuidade a este tipo de foros para seguir analizando a situación do mundo do mar e dos seus profesionais. Entre as conclusións, salientouse a necesidade de que a pesca e o marisqueo gañen representación real no...