O deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Insua, presentou diversas iniciativas no Parlamento galego nas que insta á Xunta de Galiza a reverter os recortes de profesorado en colexios da comarca, incorporando a mestres de pedagoxía terapéutica (PT) e audición e linguaxe (AL) onde os eliminaron totalmente e repoñendo e aumentando as horas dos mesmos especialistas naqueles onde os recortaron, así como habilitar profesores de apoio e persoal auxiliar coidador nos centros onde foron demandados pola dirección dos mesmos e polas ANPAS. Ademais, o representante nacionalista pide á Consellaría de Educación que realice nos centros de ensino da comarca un estudo completo das deficiencias estruturais dos edificios, e que habilite no orzamento de 2025 as partidas económicas pertinentes para executar as obras necesarias. Insua, que recolle na súa iniciativa os diferentes problemas que teñen os colexios, manifestou que “o PP non ten vergoña, pois unha vez máis vende que o curso comeza con norma...