Saltar ao contido principal

Publicacións

Homenaxe a Castelao na Casa do Mar de Lira coa presenza de Ana Pontón

Máis dun cento de persoas participaron na homenaxe a Castelao organizada polo BNG de Carnota na Casa do Mar de Lira, nun acto celebrado o venres 24 de outubro dentro do Ano Castelao, con motivo do 75 aniversario do seu falecemento. O acto contou coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e de Primitivo Pedrosa . A presentación correu a cargo de Cristina Caamaño e varias persoas realizaron unha lectura pública de fragmentos de Sempre en Galiza , a obra fundamental de Castelao. A homenaxe tamén tivo unha parte musical, coa actuación da veciña Fátima Dosil, que interpretou o coñecido tema “Lela”. O acto rematou coa entoación do himno galego, acompañado polo gaiteiro Xosé Manuel. Na súa intervención, Ana Pontón destacou a pegada de Castelao no pensamento nacionalista galego e lembrou o seu papel na creación, en 1944, do Consello de Galiza, institución galega no exilio, polo que é recoñecido como primeiro presidente galego. Primitivo Pedrosa lembrou que Castelao celebrou un a...

Orzamentos da Xunta 2026: “nefastos e puro fume” para a Costa da Morte

O BNG da Costa da Morte cualificou como “nefastos e reiterativos” os orzamentos da Xunta de Galiza para 2026, ao entender que volven deixar a comarca sen os investimentos e servizos que precisa. A organización nacionalista considera que as contas presentadas polo goberno galego son “puro fume” e amosan unha falta total de compromiso coa Costa da Morte. Como exemplo, lembra que nos orzamentos de 2025 a Xunta incluíra 8 millóns de euros para a ampliación da autovía, sen que se executase nada durante o ano. Agora volve aparecer outra partida de 8 millóns, malia que o proxecto do corredor segue sen estar aprobado definitivamente. O BNG tamén denuncia a situación das obras para o servizo de tratamentos de quimioterapia no hospital comarcal, que tiña que estar funcionando en setembro e aínda continúa en obras. O responsábel comarcal, Xurxo Rodríguez Baña, definiu os orzamentos como “unha tomadura de pelo á Costa da Morte” e denunciou que o PP continúa sometendo a comarca a un trato discri...

As Xornadas do Mar do BNG abordan os problemas da pesca e do marisqueo na Costa da Morte

O BNG da Costa da Morte amosou a súa satisfacción pola boa acollida das “Xornadas do Mar: Presente e futuro do mar na Costa da Morte”, celebradas no Salón do Bitácora, no Ézaro. As xornadas reuniron patróns maiores de confrarías, traballadores e traballadoras da pesca e do marisqueo, persoas expertas e representantes do BNG para analizar os principais problemas do sector na comarca e avanzar propostas de futuro. O encontro foi presentado por Bieito Lobeira, membro da Executiva Nacional do BNG; Rosana Pérez, deputada de Mar do BNG no Parlamento galego; e Xurxo Rodríguez, responsábel comarcal do BNG Costa da Morte. Segundo a organización, participaron máis de medio cento de persoas. O BNG destacou a dinámica positiva da xornada e sinalou que as persoas participantes pediron continuidade a este tipo de foros para seguir analizando a situación do mundo do mar e dos seus profesionais. Entre as conclusións, salientouse a necesidade de que a pesca e o marisqueo gañen representación real no...

Crónica do pleno do 17 de outubro de 2025

No pleno do día 17 de outubro de 2025 , o BNG de Carnota fixou posición sobre varios asuntos de relevancia municipal: o destino do POS adicional, a suba das taxas do lixo, a delegación de competencias do pleno no alcalde para a investigación de bens de dominio público e outros datos de xestión económica coñecidos na sesión. Un dos puntos tratados foi a aprobación do POS adicional 4/25 . O BNG abstívose, unha vez máis, pola falta de diálogo do goberno municipal. Os 161.538,69 euros que lle corresponden a Carnota vanse utilizar integramente para gastos correntes , sen destinar nin un euro a obras , malia que no pleno anterior o alcalde recoñecera que existen moitas necesidades demandadas pola veciñanza. A preguntas do BNG sobre o destino destes cartos, o alcalde respondeu que se empregarán para pagar a débeda do lixo , que acumula xa case un ano de atraso no pago . No pleno coñeceuse tamén outra cifra concreta vinculada á xestión municipal do verán: 4.865 euros é o importe que, segun...

Cambio no grupo municipal do BNG de Carnota: graciñas Iván, e benvida Soco

O pasado 2 de outubro presentou a súa renuncia como concelleiro do BNG o noso compañeiro Iván Franco Caamaño por motivos laborais e persoais que lle impiden realizar as tarefas relacionadas co cargo político que desempeñaba. Iván foi concelleiro e tenente de alcalde co goberno do BNG 2011-2019 onde realizou un traballo impecable e desinteresado sempre pensando no mellor para a veciñanza de Carnota. Traballo que continuou realizando na oposición desde o ano 2023. Dende o BNG de Carnota agradecemos a súa lealdade ca veciñanza de Carnota e co proxecto político do BNG de Carnota, seguindo o seu traballo como militante do BNG que é e seguirá sendo sempre a súa casa. A renuncia de Iván da entrada como concelleira a nosa compañeira Socorro González, incorporándose ao grupo municipal do BNG xunto con Moncho Noceda (portavoz municipal) e Belén Campos (concelleira). Graciñas Iván polo teu compromiso e noraboa a Socorro pola súa entrada no grupo municipal!

O BNG presenta máis de 1.600 sinaturas para recuperar a pediatría en Carnota

O BNG de Carnota presentou no Parlamento galego máis de 1.600 sinaturas recollidas entre a veciñanza para reclamar á Xunta de Galiza a restitución do servizo de pediatría no centro de saúde do concello. A entrega realizárona Primitivo Pedrosa , dirixente do BNG de Carnota, xunto co deputado nacionalista Oscar Insua e o responsábel local da formación, Nando Siaba. A reclamación central é que a Xunta provea de forma urxente a praza de pediatría cun profesional médico especialista e que restabeleza tamén o servizo de enfermaría pediátrica. O BNG sinala que desde hai máis dun ano as nais e pais veñen denunciando a falta do servizo médico de pediatría, sen que a Consellaría de Sanidade do Partido Popular cubrise a praza. A organización lembra que a enfermaría pediátrica atendía revisións de idade, curas e vacinas das crianzas en idade infantil. A falta de pediatra obriga as familias a desprazarse até Muros, onde, segundo denuncia o BNG, o servizo está tamén máis abandonado polo Sergas. ...

Situación caótica no servizo de pediatría entre Carnota e Muros

O BNG de Carnota denunciou a situación caótica que están a vivir as familias polo servizo de pediatría, tanto no noso concello como no de Muros, onde se presta atención para toda a comarca só tres días á semana: luns, mércores e venres, até as 12.00 horas. A organización nacionalista sinala que existe unha situación de desinformación que está a provocar desprazamentos inútiles e confusión entre as familias. Segundo denunciou o BNG, hai persoas usuarias que acoden con fillos ou fillas a Muros e alí son derivadas outra vez a Carnota. A situación agrávase nos casos de urxencia. Segundo indica o BNG, as crianzas de até 3 anos teñen que desprazarse a Mazaricos ou a Noia. Ao mesmo tempo, Carnota segue sen especialista pediátrico desde hai moitos meses, polo que as familias teñen que desprazarse a Muros, onde agora o servizo tamén está máis abandonado polo Sergas. Primitivo Pedrosa , dirixente do BNG de Carnota, reclamou á Xunta de Galiza o restabelecemento urxente e inmediato do servizo de...