Saltar ao contido principal

Publicacións

Primitivo Pedrosa, elixido novo candidato á alcaldía polo BNG

A Asemblea Local do BNG de Carnota ven de elixir novo candidato á alcaldía de Carnota por unanimidade: Primitivo Pedrosa.   Primitivo (Primi) é un veciño de Vilar de Carnota, fillo de María Rosa de González e de Primitivo, casado e cun fillo e unha filla. De profesión mariñeiro, patronea a súa embarcación de pesca artesanal Maria Rosa II, con base no porto de Muros.  Na actualidade tamén ostenta a representación dos armadores de pesca artesanal de baixura na Confraría de Pescadores de Muros, destacando pola súa labor incansábel, desde fai anos, a prol dos intereses dos traballadores e traballadoras do sector pesqueiro en distintas instancias, tanto a nivel autonómico, estatal e mesmo europeo, participando en distintos foros como experto no Parlamento Europeo e na Comisión Europea.   A nivel organizativo, Primitivo é membro da Comisión de Pesca do BNG e formou parte nas distintas candidaturas do BNG as eleccións, ás municipais do 2023, ao Parlamento Europeo, ao...

99 días sen convocarse un Pleno en Carnota

Despois de 99 días sen convocar un pleno ordinario , o Concello de Carnota volveu celebrar sesión plenaria o venres 8 de maio. Para o BNG, esta demora é unha mostra clara de como o gobeno local degrada a transparencia, o control democrático e a participación da veciñanza. O pleno municipal é o máximo órgano de representación política do Concello. Nel están representadas as persoas elixidas pola cidadanía e é o espazo no que deben debaterse os asuntos de maior importancia para Carnota: propostas, ordenanzas, orzamentos, preguntas, fiscalización do goberno e toma de decisións públicas. Cando non hai plenos, a veciñanza perde información, redúcese a capacidade de control sobre o goberno local, limítase a participación democrática e péchanse espazos fundamentais para coñecer, debater e propoñer. Por iso, desde o BNG de Carnota chamouse a asistir á sesión plenaria. A presenza da veciñanza nos plenos é unha ferramenta básica de transparencia: permite coñecer de primeira man que se decide,...

O PP rexeita recuperar a pediatría e a enfermaría pediátrica en Carnota

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Óscar Insua, presentou unha proposición non de lei na Comisión 5ª do Parlamento para exixir a recuperación inmediata dos servizos de pediatría e enfermaría pediátrica no centro de saúde de Carnota, que levan case un ano sen cobertura. A iniciativa, que foi rexeitada polo PP, pon de relevo a precarización sanitaria que sofren os veciños e veciñas deste concello e a falta de compromiso do Goberno galego coa sanidade pública.  Dende 2024, as familias de Carnota denuncian a ausencia dun pediatra fixo, obrigándoas a desprazarse a Muros para atención básica. A situación agravouse coa eliminación da enfermaría pediátrica en marzo, deixando sen revisións, vacinas ou curas específicas aos menores. A resposta da Consellería de Sanidade foi redirixir as consultas a médicos de atención primaria sen formación pediátrica específica, contravindo protocolos internacionais que exixen triaxe por especialistas. “Vostedes están desmantelado a sanidade para dic...

Carnota sae á rúa para esixir cunha soa voz a recuperación da pediatría

A veciñanza de Carnota protagonizou unha mobilización masiva para reclamar a recuperación do servizo de pediatría e de enfermaría pediátrica no centro de saúde. A concentración puxo de manifesto o cansazo das familias diante dunha situación que se arrastra desde hai case un ano. A falta de pediatría obriga a desprazamentos, dificulta o seguimento sanitario das crianzas e supón unha perda evidente de servizos públicos nun concello rural. O manifesto lido na mobilización lembrou que a veciñanza leva case un ano denunciando a falta de pediatría no centro de saúde de Carnota, unha situación agravada pola ausencia de enfermeiro pediátrico. Tamén advertiu de que a proposta de deixar a atención das crianzas maiores en mans dos médicos de cabeceira supón unha rebaixa da calidade asistencial e unha perda do dereito a unha atención especializada. ias denunciaron que esta situación é consecuencia de recortes, xubilacións sen reposición e falta de planificación. A demanda é clara: unha sanidade ...

O BNG demanda a reparación das graves eficiencias estruturais no Colexio de Carnota

O deputado do BNG da Costa da Morte , Oscar Insua, rexistrou varias iniciativas no Parlamento galego para reclamar á Xunta que teña en conta as demandas da ANPA do CEIP Plurilingüe de Carnota e realice os estudios e informes necesarios sobre as deficiencias estruturais no centro de ensino, así como que se executen as obras necesarias de forma inmediata. Oscar Insua, xunto a Primitivo Pedrosa , membro do Consello Local do BNG Carnota, reuníronse con representantes da ANPA do colexio de Carnota para coñecer de primeira man a problemática. A asociación de pais e nais do alumnado vén denunciando a situación penosa na que se atopa o centro, que precisa de reformas estruturais que debe resolver o goberno galego, e dirixiuse por carta ao conselleiro de Educación en decembro de 2024 dándolle traslado dun informe elaborado polo propio centro no que se recollen as necesidades máis urxentes. O BNG subliñou que en dito estudo relátase que o sistema de calefacción non funciona correctamente,  a...

O BNG esixe á Xunta a praza de pediatría e da enfermaría pediátrica en Carnota

O BNG da Costa da Morte , a través do deputado Oscar Insua, presentou iniciativas no Parlamento galego para reclamar ao Sergas que provea a praza de pediatría no centro de saúde de Carnota de forma urxente, cun profesional médico especialista, así como a restablecer o servizo de enfermería pediátrica. Desde hai case un ano, os pais e nais de Carnota veñen denunciando a falla do servizo médico de pediatría no municipio, sen que a día de hoxe se cubrira dita praza pola Consellaría de Sanidade do Partido Popular, que está compartida co concello de Muros e que acudía ao mesmo os luns, mércores e venres de 8:30h a 12:00 h.  Oscar Insua e o vicerresponsábel local do BNG de Carnota, Primitivo Pedrosa, acompañados doutros membros da formación nacionalista no municipio, reuníronse este xoves 20 de marzo con familias de Carnota afectadas, que insistiron en que a situación, lonxe de solucionarse, agravouse ao coñecerse a semana pasada un novo recorte nos servizos sanitarios, pois veñen de que...

O BNG denuncia o desmantelamento do servizo de pediatría

O BNG de Carnota denunciou o desmantelamento do servizo de pediatría no municipio e esixiu á Xunta de Galiza o seu restabelecemento inmediato. A formación nacionalista sinala que as carencias neste servizo levan anos afectando as familias, obrigando nais e pais a desprazarse a outros concellos para recibir atención sanitaria pediátrica. Para o BNG, esta situación supón un novo recorte dos servizos públicos no rural e agrava a vida diaria da veciñanza, especialmente das familias con crianzas. A sanidade pública debe garantir unha atención próxima, estábel e de calidade, tamén nos concellos rurais. O BNG anunciou que apoiará todas as iniciativas encamiñadas a restaurar o servizo de pediatría no concello e que trasladará ao Parlamento galego as reclamacións necesarias para acadar este obxectivo.