Saltar ao contido principal

O BNG demanda a reparación das graves eficiencias estruturais no Colexio de Carnota

O deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Insua, rexistrou varias iniciativas no Parlamento galego para reclamar á Xunta que teña en conta as demandas da ANPA do CEIP Plurilingüe de Carnota e realice os estudios e informes necesarios sobre as deficiencias estruturais no centro de ensino, así como que se executen as obras necesarias de forma inmediata.

Oscar Insua, xunto a Primitivo Pedrosa, membro do Consello Local do BNG Carnota, reuníronse con representantes da ANPA do colexio de Carnota para coñecer de primeira man a problemática. A asociación de pais e nais do alumnado vén denunciando a situación penosa na que se atopa o centro, que precisa de reformas estruturais que debe resolver o goberno galego, e dirixiuse por carta ao conselleiro de Educación en decembro de 2024 dándolle traslado dun informe elaborado polo propio centro no que se recollen as necesidades máis urxentes.

O BNG subliñou que en dito estudo relátase que o sistema de calefacción non funciona correctamente,  ao que se suma unhas fiestras antigas de aluminio de cristal simple. “A vista disto, é necesario afrontar reformas de illamento e de eficiencia enerxética, como primeira medida urxente e que non pode demorarse máis”, destacaron os nacionalistas, que ademais afondaron en que son moitas máis as reformas necesarias, “que son estruturais e que precisan unha actuación por parte de Educación, como pode ser a do tellado do centro de ensino, as filtracións e humidades no ximnasio, ou o afundimento do piso nalgunhas aulas e corredores”.

Pola súa banda, Primitivo Pedrosa manifestou que “o desleixo do goberno galego neste tema amosa unha vez máis a marxinación que sufrimos no rural, que provoca despoboamento pola falta duns servizos dignos”. Pedrosa subliñou que seguirán loitando “para que Educación acometa as reformas necesarias e as crianzas teñan un centro de ensino en boas condicións”.

“Desde o BNG sempre apoiamos as reivindicacións das familias, que vén como a Xunta leva moitos anos de inacción sen reformar o colexio de Carnota; os que agora son avós do alumnado que estuda no CEIP Plurilingüe, recibiron hai moitos anos clases nun centro de ensino novo, que na actualidade está en situación lamentable e con múltiples deficiencias estruturais”, sinalou.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón