A veciñanza de Carnota protagonizou unha mobilización masiva para reclamar a recuperación do servizo de pediatría e de enfermaría pediátrica no centro de saúde.
A concentración puxo de manifesto o cansazo das familias diante dunha situación que se arrastra desde hai case un ano. A falta de pediatría obriga a desprazamentos, dificulta o seguimento sanitario das crianzas e supón unha perda evidente de servizos públicos nun concello rural.
O manifesto lido na mobilización lembrou que a veciñanza leva case un ano denunciando a falta de pediatría no centro de saúde de Carnota, unha situación agravada pola ausencia de enfermeiro pediátrico. Tamén advertiu de que a proposta de deixar a atención das crianzas maiores en mans dos médicos de cabeceira supón unha rebaixa da calidade asistencial e unha perda do dereito a unha atención especializada. ias denunciaron que esta situación é consecuencia de recortes, xubilacións sen reposición e falta de planificación. A demanda é clara: unha sanidade pública e de calidade, con cobertura inmediata de pediatría e enfermaría pediátrica no centro de saúde de Carnota. ota comparte esta reclamación e seguirá defendendo que a Xunta de Galiza restitúa o servizo. Sen pediatría, sen persoal suficiente e sen atención próxima, o rural queda cada vez máis afastado dos dereitos básicos que lle corresponden.

Comentarios
Publicar un comentario