Saltar ao contido principal

Publicacións

A Costa da Morte volve quedar esquecida nos orzamentos da Xunta para 2025

O BNG da Costa da Morte denunciou que os orzamentos da Xunta de Galiza para 2025 volven deixar a comarca esquecida e sen resposta ás súas principais necesidades. A organización nacionalista sinala que as contas do Goberno galego non incorporan novos servizos sanitarios no hospital comarcal, non prevén a construción de centros de día ou residencias públicas na Costa da Morte, non dan resposta suficiente aos recortes educativos nin inclúen unha aposta real pola vivenda pública ou polo asentamento de actividade industrial nos polígonos de Cee e Vimianzo. O BNG critica tamén que a Xunta manteña a discriminación da Costa da Morte en materia de mobilidade. A comarca segue agardando polo remate da autovía e pola eliminación das peaxes da AG-55, mentres a Xunta anuncia partidas que, ano tras ano, non se traducen nun avance real das infraestruturas prometidas. Para o BNG, esta situación agrava o despoboamento e a perda de oportunidades. A Costa da Morte precisa investimentos reais, servizos pú...

O BNG de Carnota critica os recortes educativos nos colexios públicos e amosa o seu apoio ás familias

O BNG de Carnota criticou os recortes educativos que veñen sufrindo os centros escolares do municipio, como o CEIP Plurilingüe e o CEIP O Pindo, e amosou o seu apoio ás familias das crianzas, que se están manifestando nas últimas semanas para demandar á Xunta máis profesorado para atender as necesidades especiais e mestres de apoio, así como persoal auxiliar coidador e compensación das horas lectivas perdidas. Diversos representantes da formación nacionalista participaron na concentración que tivo lugar este domingo 20 de outubro na Praza da Pedra de Carnota, convocada pola ANPA do CEIP Plurilingüe, para amosar a súa solidariedade coa comunidade escolar afectada pola política educativa do Goberno galego. O vice-responsábel local do BNG de Carnota, Primitivo Pedrosa, sinalou que “a Xunta de Galiza ten que cumprir con feitos a necesidade de un rural vivo, porque non chega só con anuncios propagandísticos; hai que apostar polo rural e dotalo dos servizos axeitados, e a educación pública d...

O BNG leva ao parlamento galego os recortes de profesorado en Carnota e na Costa da Morte

O deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Insua, presentou diversas iniciativas no Parlamento galego nas que insta á Xunta de Galiza a reverter os recortes de profesorado en colexios da comarca, incorporando a mestres de pedagoxía terapéutica (PT) e audición e linguaxe (AL) onde os eliminaron totalmente e repoñendo e aumentando as horas dos mesmos especialistas naqueles onde os recortaron, así como habilitar profesores de apoio e persoal auxiliar coidador nos centros onde foron demandados pola dirección dos mesmos e polas ANPAS. Ademais, o representante nacionalista pide á Consellaría de Educación que realice nos centros de ensino da comarca un estudo completo das deficiencias estruturais dos edificios, e que habilite no orzamento de 2025 as partidas económicas pertinentes para executar as obras necesarias. Insua, que recolle na súa iniciativa os diferentes problemas que teñen os colexios, manifestou que “o PP non ten  vergoña, pois unha vez máis vende que o curso comeza con norma...

O BNG esixe restabelecer o servizo de pediatra no centro de saúde de Carnota

A falta de pediatra no centro de saúde de Carnota chegou ao Parlamento galego a través dunha iniciativa do BNG, que reclamou á Xunta de Galiza a través do deputado Óscar Insua a recuperación deste servizo esencial para as familias deste concello e doutros da bisbarra. O concello de Carnota presenta problemas no servizo pediátrico, pois desde maio deste ano unha das especialistas do centro de saúde de Muros deixou de desprazarse ao centro carnotán, ao que acudía os luns, mércores e venres de 8,30 a 12,00 horas. Desde dito mes, teñen que ser os pais e nais das crianzas as que vaian a Muros para acudir á consulta, o que obriga as familias con crianzas a desprazarse fóra de Carnota para recibir un servizo básico. Esta situación supón unha perda de dereitos, unha sobrecarga para as familias e un novo exemplo do deterioro da sanidade pública no rural. Desde o BNG defendemos que vivir en Carnota non pode significar ter menos acceso á atención sanitaria. A infancia ten dereito a unha atención...

Crónica do pleno do 2 de agosto de 2024

No pleno municipal do día 2 de agosto de 2024, o goberno local levou a aprobación dos orzamentos municipais de 2024, que saíron adiante só cos votos do PSOE. O BNG votou en contra pola falta de diálogo do goberno municipal e despois de seren rexeitadas as alegacións presentadas polo noso grupo. Uns orzamentos municipais deben ser unha ferramenta útil para planificar o funcionamento do Concello, atender as necesidades reais da veciñanza e marcar prioridades claras. Mais, neste caso, o BNG considera que as contas aprobadas non responden á realidade económica e social de Carnota. Os orzamentos non reflicten a realidade do Concello. En particular, os ingresos previstos non se corresponden cos ingresos reais municipais, o que pode afectar á capacidade de execución e á fiabilidade das contas. Para o BNG, aprobar uns orzamentos sen unha previsión realista dos ingresos é un problema serio de planificación e de responsabilidade política. A falta de diálogo tamén marcou a tramitación. As aleg...

Pregunta sobre o servizo de socorrismo nas praias de Carnota

No pleno municipal do día 2 de agosto de 2024, o BNG de Carnota volveu trasladar a súa preocupación polo servizo de socorrismo nas praias do concello. O BNG considera insuficientes as 3 prazas de socorristas convocadas polo Concello para atender as necesidades da tempada de verán. Segundo a información trasladada no pleno, presentáronse 10 solicitudes para esas 3 prazas , o que evidencia que había persoas interesadas e que o problema non era a falta de candidaturas. Ademais, este ano non se convocou a praza de auxiliar de socorrista , reducindo aínda máis a capacidade do servizo nun concello cun litoral extenso e cunha elevada afluencia de persoas durante os meses de verán. A esta situación súmase outro problema xa reiterado: un ano máis, a lancha está fóra de servizo . Para o BNG, isto resulta especialmente preocupante, pois os medios materiais son imprescindíbeis para garantir unha resposta axeitada ante calquera incidencia nas praias. Carnota conta cun dos litorais máis importa...

POS 2024: o goberno local modifica o plan sen contar coa oposición

No pleno municipal do día 2 de agosto de 2024, o goberno local modificou o POS, Plan de Obras da Deputación, facendo uso da súa maioría e sen contar coa oposición. Desde o BNG de Carnota denunciamos que esta modificación volve evidenciar un problema de fondo: o Concello non conta cun plan de obras propio, claro e pactado, que ordene as prioridades do municipio e dea resposta equilibrada ás necesidades das parroquias e lugares. Coa modificación aprobada polo goberno local, o POS quedaría distribuído do seguinte xeito: Obras do POS: Lira, saneamento: 113.053,10 euros. Lariño, recollida de augas: 65.513,41 euros. O Viso, aseos públicos: 31.533,81 euros. Gastos correntes: 115.000 euros. Plan adicional: Lombáns, galería no campo de fútbol: 79.408,43 euros. Quilmas, reparación de pista: 44.360,99 euros. Gastos correntes: 162.093,81 euros. Na modificación desaparecen do plan adicional as actuacións de saneamento previstas para Parada, por importe de 115.609,57 euros, e para O Pind...