Saltar ao contido principal

O povo é quem mais ordena!

O BNG obtén a maioría absoluta en Carnota tras obter 1.271 votos e 6 edís

Por unha vez fíxose o imposíbel e o equipo liderado por Moncho Noceda deu a sorpresa despois de medrar 228 votos con respecto a hai catro anos e de vencer en 5 das 6 mesas electorais do Concello de Carnota.
En total a candidatura do BNG - Asembleas Abertas obtivo 1271 votos, o 49,42% dos sufraxios a partidos que se emitiron, mentras que hai catro anos obtivera 1043 votos, o 34,05% dos emitidos. O PP, que hai catro anos fora o partido máis votado con 1383 votos, o 45,15% dos emitidos, sufriu un retroceso de 560 votos, situándose nas 823 papeletas, un 32% do total. O PSOE pola súa banda tamén descende en votos, e se hai catro anos obtivera 637 votos, o 20,8% do total, nesta ocasión perde 159 e quédase con 478, o 18,58% do total. Asi, en base á lei d'Hondt, os resultados finais son de 6 edís do BNG, 3 do PP e 2 do PSOE, quedando a Corporación Municipal 2015-2019 configurada do seguinte xeito:
  • Moncho Noceda (BNG)
  • Iván Franco (BNG)
  • Belén Campos (BNG)
  • Jorge Fiuza (BNG)
  • Marupe Armendariz (BNG)
  • Iago Maceiras (BNG)
  • José Oreiro (PP)
  • Manuel Santiago Brea (PP)
  • Marisol Piñeiro (PP)
  • Suso Campos (PSOE)
  • Manolo Lago (PSOE)
O BNG agradece un a un os 1.271 apoios veciñais que nos levaron en tromba a esta vitoria que non hai demasiado tempo parecía impensábel. Mais, tamén e sobre todo, temos que agradecer toda a xente que ao longo desta durísima lexislatura que conclúe, asi coma nas 17 asembleas veciñais de precampaña e nos 12 actos de campaña, nos acompañou, transmitíndonos o seu ánimo, propostas, tamén queixas e por suposto, xa na xornada electoral, elixindo unha papeleta que consolida o proxecto nacionalista, honesto, xusto e participativo que o BNG lle propuxo a toda a veciñanza no 2011, e que catro anos despois volve a ser refrendado con máis forza aínda, permitíndolle ao equipo de Moncho Noceda seguir no goberno catro anos máis, mais esta vez sen estar sometido a outra atadura que a obediencia veciñal.

Agora é o tempo de coller folgos e retomar con forza o traballo duro que esixe un Concello na situación que atravesa o noso, e comece a desenvolver desde o minuto cero, con toda a ilusión e alegría que este reto esixe, o noso programa de goberno 2015-2019, que está repleto de iniciativas de futuro que elaboramos con e para a xente, e que sen dúbida coa implicación de todos e todas vós e coa máxima humildade do goberno, serán moi pronto unha realidade.

1.271 graciñas!
O povo é quem mais ordena!

Comentarios

  1. Noraboa compañeiros, agora a seguir traballando asi!

    ResponderEliminar
  2. Parabéns.
    Mas, toca otear com altura de miras desde a Laxe da Moa.
    A ambición é positiva, mas non debe estar exenta da respectiva mesura á hora de tomar decisións de grande trascendencia para a veciñanza.
    É nos concellos onde se crea conciencia de País.
    Adiante e moita sorte para esta nova xeira.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...