Saltar ao contido principal

Publicacións

O PP rexeita recuperar a pediatría e a enfermaría pediátrica en Carnota

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Óscar Insua, presentou unha proposición non de lei na Comisión 5ª do Parlamento para exixir a recuperación inmediata dos servizos de pediatría e enfermaría pediátrica no centro de saúde de Carnota, que levan case un ano sen cobertura. A iniciativa, que foi rexeitada polo PP, pon de relevo a precarización sanitaria que sofren os veciños e veciñas deste concello e a falta de compromiso do Goberno galego coa sanidade pública.  Dende 2024, as familias de Carnota denuncian a ausencia dun pediatra fixo, obrigándoas a desprazarse a Muros para atención básica. A situación agravouse coa eliminación da enfermaría pediátrica en marzo, deixando sen revisións, vacinas ou curas específicas aos menores. A resposta da Consellería de Sanidade foi redirixir as consultas a médicos de atención primaria sen formación pediátrica específica, contravindo protocolos internacionais que exixen triaxe por especialistas. “Vostedes están desmantelado a sanidade para dic...

Carnota sae á rúa para esixir cunha soa voz a recuperación da pediatría

A veciñanza de Carnota protagonizou unha mobilización masiva para reclamar a recuperación do servizo de pediatría e de enfermaría pediátrica no centro de saúde. A concentración puxo de manifesto o cansazo das familias diante dunha situación que se arrastra desde hai case un ano. A falta de pediatría obriga a desprazamentos, dificulta o seguimento sanitario das crianzas e supón unha perda evidente de servizos públicos nun concello rural. O manifesto lido na mobilización lembrou que a veciñanza leva case un ano denunciando a falta de pediatría no centro de saúde de Carnota, unha situación agravada pola ausencia de enfermeiro pediátrico. Tamén advertiu de que a proposta de deixar a atención das crianzas maiores en mans dos médicos de cabeceira supón unha rebaixa da calidade asistencial e unha perda do dereito a unha atención especializada. ias denunciaron que esta situación é consecuencia de recortes, xubilacións sen reposición e falta de planificación. A demanda é clara: unha sanidade ...

O BNG demanda a reparación das graves eficiencias estruturais no Colexio de Carnota

O deputado do BNG da Costa da Morte , Oscar Insua, rexistrou varias iniciativas no Parlamento galego para reclamar á Xunta que teña en conta as demandas da ANPA do CEIP Plurilingüe de Carnota e realice os estudios e informes necesarios sobre as deficiencias estruturais no centro de ensino, así como que se executen as obras necesarias de forma inmediata. Oscar Insua, xunto a Primitivo Pedrosa , membro do Consello Local do BNG Carnota, reuníronse con representantes da ANPA do colexio de Carnota para coñecer de primeira man a problemática. A asociación de pais e nais do alumnado vén denunciando a situación penosa na que se atopa o centro, que precisa de reformas estruturais que debe resolver o goberno galego, e dirixiuse por carta ao conselleiro de Educación en decembro de 2024 dándolle traslado dun informe elaborado polo propio centro no que se recollen as necesidades máis urxentes. O BNG subliñou que en dito estudo relátase que o sistema de calefacción non funciona correctamente,  a...

O BNG esixe á Xunta a praza de pediatría e da enfermaría pediátrica en Carnota

O BNG da Costa da Morte , a través do deputado Oscar Insua, presentou iniciativas no Parlamento galego para reclamar ao Sergas que provea a praza de pediatría no centro de saúde de Carnota de forma urxente, cun profesional médico especialista, así como a restablecer o servizo de enfermería pediátrica. Desde hai case un ano, os pais e nais de Carnota veñen denunciando a falla do servizo médico de pediatría no municipio, sen que a día de hoxe se cubrira dita praza pola Consellaría de Sanidade do Partido Popular, que está compartida co concello de Muros e que acudía ao mesmo os luns, mércores e venres de 8:30h a 12:00 h.  Oscar Insua e o vicerresponsábel local do BNG de Carnota, Primitivo Pedrosa, acompañados doutros membros da formación nacionalista no municipio, reuníronse este xoves 20 de marzo con familias de Carnota afectadas, que insistiron en que a situación, lonxe de solucionarse, agravouse ao coñecerse a semana pasada un novo recorte nos servizos sanitarios, pois veñen de que...

O BNG denuncia o desmantelamento do servizo de pediatría

O BNG de Carnota denunciou o desmantelamento do servizo de pediatría no municipio e esixiu á Xunta de Galiza o seu restabelecemento inmediato. A formación nacionalista sinala que as carencias neste servizo levan anos afectando as familias, obrigando nais e pais a desprazarse a outros concellos para recibir atención sanitaria pediátrica. Para o BNG, esta situación supón un novo recorte dos servizos públicos no rural e agrava a vida diaria da veciñanza, especialmente das familias con crianzas. A sanidade pública debe garantir unha atención próxima, estábel e de calidade, tamén nos concellos rurais. O BNG anunciou que apoiará todas as iniciativas encamiñadas a restaurar o servizo de pediatría no concello e que trasladará ao Parlamento galego as reclamacións necesarias para acadar este obxectivo.

A veciñanza de Cubelo paga do seu peto o arranxo dunha vía pública

A veciñanza de Cubelo viuse obrigada a custear do seu propio peto o arranxo dunha vía pública do lugar, cun custo duns 12.000 euros, despois das reiteradas peticións ao alcalde de Carnota e da negativa do goberno municipal alegando falta de cartos. O BNG de Carnota levou este asunto ao pleno a través do seu voceiro municipal, Ramón Noceda, para denunciar unha situación que considera inaceptábel: que a veciñanza teña que asumir directamente o custo dunha obra pública por falta de resposta do Concello. O grupo municipal nacionalista tamén puxo este caso en relación coa obra iniciada no Viso e derrubada pouco despois de comezar. Segundo denunciou o BNG, aquela actuación supuxo un gasto de 10.500 euros para as arcas municipais e a perda dunha subvención de 31.533,81 euros, unha cantidade moi próxima ao importe que precisaba a veciñanza de Cubelo. Para o BNG, este caso evidencia a falta de planificación e a improvisación do goberno local á hora de atender as necesidades reais dos lugares ...

O PP rexeita o rescate da AG-55 e mantén a discriminación da Costa da Morte

O Partido Popular rexeitou no Parlamento galego a iniciativa do BNG para iniciar en 2025 o rescate da autovía AG-55, mantendo así a discriminación que sofren Bergantiños e a Costa da Morte. O BNG reclamaba que a Xunta de Galiza iniciase os trámites para facer efectivo o rescate da autovía A Coruña-Carballo e rematar coa peaxe que penaliza diariamente a milleiros de persoas que se desprazan por traballo, estudos, atención sanitaria ou necesidades familiares. A decisión do PP contrasta co acordo da Xunta de outubro de 2024 para recuperar a concesión doutras catro autoestradas con peaxe na sombra: Salnés, Barbanza, Ourense-Celanova e Santiago-Brión. Para o BNG, deixar fóra a AG-55 supón un agravio comparativo coa Costa da Morte e Bergantiños. Daniel Pérez cualificou esta situación como unha peaxe inxusta e inxustificada que lastra o desenvolvemento económico e social da zona. O BNG lembra ademais que a gratuidade da AG-55 é unha demanda histórica e que esta infraestrutura naceu inicia...