O BNG de Carnota levou ao pleno municipal a preocupación pola falta de socorristas e de medios de salvamento nas praias do concello. Carnota conta cun litoral de enorme valor ambiental, social e turístico. Durante o verán, as praias reciben unha importante afluencia de persoas, tanto veciñanza como visitantes, polo que a seguridade debe ser unha prioridade absoluta para o Concello. A ausencia ou insuficiencia de medios de salvamento non é unha cuestión menor. Afecta á seguridade das persoas usuarias, á capacidade de resposta ante emerxencias e á imaxe dun concello que ten nas súas praias un dos seus principais recursos naturais e turísticos. Desde o BNG consideramos necesario planificar con tempo a tempada de verán, garantir a contratación do persoal preciso, dotar os areais dos medios materiais necesarios e evitar que os problemas se repitan ano tras ano. A seguridade nas praias non pode depender da improvisación nin de solucións de última hora. O noso grupo seguirá trasladando ao ple...