Carnota conta cun litoral de enorme valor ambiental, social e turístico. Durante o verán, as praias reciben unha importante afluencia de persoas, tanto veciñanza como visitantes, polo que a seguridade debe ser unha prioridade absoluta para o Concello.
A ausencia ou insuficiencia de medios de salvamento non é unha cuestión menor. Afecta á seguridade das persoas usuarias, á capacidade de resposta ante emerxencias e á imaxe dun concello que ten nas súas praias un dos seus principais recursos naturais e turísticos.
Desde o BNG consideramos necesario planificar con tempo a tempada de verán, garantir a contratación do persoal preciso, dotar os areais dos medios materiais necesarios e evitar que os problemas se repitan ano tras ano. A seguridade nas praias non pode depender da improvisación nin de solucións de última hora.
O noso grupo seguirá trasladando ao pleno as demandas da veciñanza e esixindo unha xestión municipal previsora, eficaz e responsábel. Carnota precisa coidar o seu litoral, mais tamén garantir que quen o utiliza poida facelo con seguridade.

Comentarios
Publicar un comentario