Os resultados confirman a continuidade da actual etapa política no Concello de Carnota. O BNG continuará traballando desde a oposición municipal con responsabilidade, firmeza e compromiso co conxunto da veciñanza, defendendo os servizos públicos, a participación veciñal, o coidado do territorio e unha maneira diferente de entender a política local.
A nosa organización seguirá sendo útil para Carnota, fiscalizando a acción do goberno municipal, levando ao Pleno as demandas reais das parroquias e propoñendo alternativas fronte á falta de planificación, a improvisación e o abandono de cuestións fundamentais para o futuro do concello.
Carnota precisa diálogo institucional, transparencia, defensa do público e proxectos que dean resposta ás necesidades cotiás da veciñanza. Esa seguirá sendo a nosa prioridade.
O BNG mantén intacto o seu compromiso con Carnota, coas súas parroquias e coa xente que quere un concello vivo, participativo e con futuro.

Comentarios
Publicar un comentario