Saltar ao contido principal

Publicacións

Carnota si está pola Costa da Morte

Despois da última reunión da directiva da CMAT, apareceron publicadas unha serie de informacións nas que se critica publicamente a posición de Carnota a respecto desta entidade. Concretamente, as críticas inciden en cuestións coma a falta de abono das cotas da entidade ou a non asistencia ás reunións. En Que Pasa na Costa chega a asegurarse: "Sobre esta reunión Carnota xa manifestou que non quere estar na Costa da Morte , en palabras do propio alcalde" , entrecomiñando esa frase e reforzando a idea de que son verbas literais ditas polo noso alcalde Ramón Noceda. Hai só un mes Carnota acolleu un acto comarcal do BNG Descoñecemos de que puño sairon estas declaracións, pois son simplemente inventadas. O alcalde de Carnota non puido pronunciarse nin neste asunto nin nunca en contra da pertenza de Carnota a esta comarca, e poucos poderán discutir que o BNG é unha das organizacións que máis (senón a que máis) pulou pola comarcalización real do noso territorio. Pola contra out...

Ana Pontón pide desde Carnota a Feijóo que se reúna cos axentes sociais e pare a venda das centrais

A portavoz nacional do BNG , Ana Pontón, mantivo esta mañá en Carnota un encontro cos alcaldes e edís nacionalistas da Costa da Morte para visibilizar o apoio do BNG ás demandas do cadro de persoal de Ferroatlántica, que pasan por evitar a segregación e venda ilegal das centrais do Xallas anunciada polo grupo empresarial do agora imputado Villar Mir na Operación Lezo por presunto financiamento ilegal do PP. “Pasaron moitos meses desde a última reunión en novembro de Núñez Feijóo cos alcaldes de todos os concellos implicados, o comité de empresa leva tamén meses petando na porta da Xunta par manter un encontro co conselleiro de Industria e como resposta so vemos un silencio que non axuda a calmar os ánimos senón que introduce máis incerteza sobre o futuro das plantas”, explicou Pontón tras o encontro. Por iso, o BNG demanda do Goberno galego “transparencia”, que para a portavoz nacionalista “significa reunirse de novo con todos os axentes políticos e sociais da comarca e mandar u...

Iván Franco, elixido novo responsábel local do BNG de Carnota

A Asemblea Local das e dos nacionalistas carnotáns renova o seu Consello Local A militancia do BNG de Carnota reuniuse na tarde de onte para adoptar varias decisións importantes de cara ao futuro da organización das e dos nacionalistas de Carnota. A Asemblea elixiu coma novo responsábel local do BNG de Carnota a Iván Franco Caamaño , veciño de Carnota de 38 anos, que substitúe na máxima responsabilidade despois de sete anos a Belén Campos , quen continuará nun Consello Local do que tamén formarán parte Mario Maceiras (organización), Pilar Tubío (actas) e Jorge Fiuza (finanzas). O BNG de Carnota quere agradecer o traballo incansábel desenvolto pola compañeira Belén nesta etapa complicada á fronte do BNG. Asumiu a responsabilidade cando o PP tiña maioría absoluta e o BNG 3 edís e menos de 900 votos. Hoxe o BNG goberna Carnota en maioría absoluta, con 6 edís e case 1.300 votos; e todo isto no medio da crise interna que vén de superar exitosamente o nacionalismo. Hoxe o BNG ofre...

En marcha as obras do edificio municipal do Viso e a reforma da Casa do Concello

Despois de varios anos de parálise dos traballos do edificio municipal do Viso (San Mamede), o goberno nacionalista de Carnota tivo por fin a posibilidade de destinar unha partida dos recursos económicos precisos para reanudar as obras, cumprindo asi co seu programa electoral . Asi Carnota disfrutará por fin, cando menos en parte, dun edificio municipal cuxa tramitación polo anterior executivo local do PP foi absolutamente rocambolesca, sen ter moi claro para que serviría nin como facer fronte aos 700.000€ que o Concello tería que achegar ao proxecto, e que debían xustificarse antes de 2017, baixo risco de ter que devolver o importe total do investimento inicial, procedente de fondos europeos; unha ameaza que poñía en risco a propia viabilidade do Concello de Carnota. Porén, o inxente esforzo da actual corporación para sanear as arcas municipais e pagar as débedas herdadas comeza a dar os seus froitos, e este ano, o primeiro da serie histórica recente con remanente de tesoureiría ...

Compromiso coa mocidade: Carnota inaugura hoxe a súa Casa da Xuventude e local de ensaio

O compsromiso adquirido polo BNG coa mocidade do noso municipio na pasada campaña electoral xa é por fin unha realidade: esta noite inaugúrase en Lamas de Castelo (Pedrafigueira) a Casa da Xuventude de Carnota , unhas novas instalacións destinadas ao uso e goce da mocidade do noso concello, e que contará, entre as súas instalacións destacadas, un local de ensaio a dispor dos grupos e artistas musicais do noso municipio, e do que pronto se presentará o regulamento de uso. Cartel do acto inaugural. Fonte Para este proxecto o Concello de Carnota acondicionou un local municipal en desuso sito en Lamas de Castelo . Despois de varios meses de traballos, que contaron coa axuda da Deputación da Coruña , por fin esta noite, 24 de marzo terá lugar a inauguración das instalacións por todo o alto, para o que se contou coa colaboración imprescindible da Asociación Gremio de Músicos de Carnota . A cita arrinca ás 20:00h cunha c hurrascada, tras o que se desenvolverá unha charla sobre as as...

Carnota activa o Banco de Leña para combatir a pobreza enerxética e os abusos das eléctricas

O goberno municipal do Concello de Carnota anuncia que desde esta semana pon en marcha o Banco de Leña , unha pioneira iniciativa mediante a que facilitará á veciñanza en risco de pobreza enerxética madeira gratuíta coa que quencer os seus fogares nestas datas. A iniciativa, anunciada xa no seu día no programa electoral nacionalista , revelouse agora absolutamente necesaria por mor das baixas temperaturas, que foron aproveitadas polas compañías eléctricas para aprobar unha suba completamente abusiva da tarifa eléctrica, con impunidade absoluta e a total condescendencia dos gobernos do Partido Popular. Coa posta en marcha desta medida o goberno local agarda paliar o efecto que estas subas puideran provocar á veciñanza que xa está a pasalo mal e que poida ver as súas circunstancias incluso agravadas. O goberno xa adoptou as medidas necesarias para regular este novo servizo que Carnota comezará á prestar á súa veciñanza de inmediato. As persoas que reúnan os requisitos socioeconómico...

Carnota logra un remanente de tesoureiría positivo por primeira vez nunha década

Resumo do pleno de 09/03/16 O esforzo de saneamento economico das arcas municipais permitiron ao goberno local de Carnota liquidar o exercicio de 2015 cun remanente positivo de tesoureiría duns 206 mil euros. É a primeira vez nunha década que Carnota remata o ano en positivo, algo que parecía impensábel en exercicios anteriores e sobre todo logo da última etapa do PP no goberno, que ofreceu sempre remanentes negativos de entre -1 e -1,3 millóns de euros. O BNG de Carnota agradece á veciñanza a súa gran paciencia e colaboración que permitiron ao goberno con paso lento pero seguro lograr este fito histórico, pois sabemos que houbo asuntos de importancia que tiveron que quedar no tinteiro estes anos, por culpa dunha situación económica pésima que obrigou a antepoñer o pago de facturas a outras cuestións. Sen embargo, o esforzo de todos os veciños e todas as veciñas tivo os seus froitos e hoxe afrontamos o futuro con moita máis ilusión e confianza na viabilidade económica do noso ...