Despois da última reunión da directiva da CMAT, apareceron publicadas unha serie de informacións nas que se critica publicamente a posición de Carnota a respecto desta entidade. Concretamente, as críticas inciden en cuestións coma a falta de abono das cotas da entidade ou a non asistencia ás reunións. En Que Pasa na Costa chega a asegurarse: "Sobre esta reunión Carnota xa manifestou que non quere estar na Costa da Morte, en palabras do propio alcalde", entrecomiñando esa frase e reforzando a idea de que son verbas literais ditas polo noso alcalde Ramón Noceda.
Descoñecemos de que puño sairon estas declaracións, pois son simplemente inventadas. O alcalde de Carnota non puido pronunciarse nin neste asunto nin nunca en contra da pertenza de Carnota a esta comarca, e poucos poderán discutir que o BNG é unha das organizacións que máis (senón a que máis) pulou pola comarcalización real do noso territorio. Pola contra outras organizacións si presentes na entidade nunca apostaron pola Costa da Morte senón por estas comarcas artificiais de poucos concellos que existen oficialmente.
A quen na CMAT lle interesa sinalar co dedo a un dos concellos que pretenden, suponse, incorporar a esa entidade? Dicimos ben: Carnota non forma parte da CMAT, polo que para asistir ás súas xuntanzas ou pagar as súas cotas, terá que incorporarse antes. Acaso pretenden que a veciñanza de Carnota abone as cotas dunha entidade da que non é socia, e cando o noso municipio nin sequera figura nos plans e estratexias desta entidade, centrada case ao cento por cento no Camiño de Santiago?
Por que Carnota non se incorporou aínda ao CMAT?
O goberno municipal de Carnota non concorda coa forma en que se puxo en marcha esta entidade, desde arriba para abaixo, concedéndolle discrecionalmente a condición de "único interlocutor válido" coa Xunta, sen apenas contar coa opinión das entidades públicas afectadas, e estabelecendo sen procedemento democrático algún unha estrutura de goberno no que o interese público se supeditou desde o primeiro intre a intereses empresariais e particulares, cuxa máxima cara visíbel (o empresario ceense Pablo Canosa) foi alvo esta semana dunha polémica por tratar de desviar supostamente o trazado do Camiño de Santiago de xeito que pasara polas súas empresas.
Morre un chiringuito, nace outro
O goberno de Carnota non vai aprobar que ante a quebra dun histórico e problemático chiringuito na Costa da Morte, a Asociación Neria, se veña a substituír por outro de similares características, e que por enriba a Xunta tutele a operación e se tente obrigar aos concellos a achantar co modelo imposto con técnicas tan burdas coma a de falsificar a opinión dos rexedores críticos para forzalos a aceptar a entrada no ente.
O BNG de Carnota esixe que o artellamento das tan necesarias estratexias turísticas integrais para a Costa da Morte se fagan desde o consenso, a paridade (como mínimo) entre o público e o privado, a participación democrática e a transparencia, de xeito que pasemos a páxina de erros que deben ser superados e comecen a primar os intereses de toda a veciñanza da Costa da Morte, pois dela son os recursos que manexamos, e non só duns poucos empresarios astutos e ben relacionados que viron a oportunidade de facer o seu agosto.
![]() |
| Hai só un mes Carnota acolleu un acto comarcal do BNG |

Comentarios
Publicar un comentario