Saltar ao contido principal

Publicacións

Carnota activa o Banco de Leña para combatir a pobreza enerxética e os abusos das eléctricas

O goberno municipal do Concello de Carnota anuncia que desde esta semana pon en marcha o Banco de Leña , unha pioneira iniciativa mediante a que facilitará á veciñanza en risco de pobreza enerxética madeira gratuíta coa que quencer os seus fogares nestas datas. A iniciativa, anunciada xa no seu día no programa electoral nacionalista , revelouse agora absolutamente necesaria por mor das baixas temperaturas, que foron aproveitadas polas compañías eléctricas para aprobar unha suba completamente abusiva da tarifa eléctrica, con impunidade absoluta e a total condescendencia dos gobernos do Partido Popular. Coa posta en marcha desta medida o goberno local agarda paliar o efecto que estas subas puideran provocar á veciñanza que xa está a pasalo mal e que poida ver as súas circunstancias incluso agravadas. O goberno xa adoptou as medidas necesarias para regular este novo servizo que Carnota comezará á prestar á súa veciñanza de inmediato. As persoas que reúnan os requisitos socioeconómico...

Carnota logra un remanente de tesoureiría positivo por primeira vez nunha década

Resumo do pleno de 09/03/16 O esforzo de saneamento economico das arcas municipais permitiron ao goberno local de Carnota liquidar o exercicio de 2015 cun remanente positivo de tesoureiría duns 206 mil euros. É a primeira vez nunha década que Carnota remata o ano en positivo, algo que parecía impensábel en exercicios anteriores e sobre todo logo da última etapa do PP no goberno, que ofreceu sempre remanentes negativos de entre -1 e -1,3 millóns de euros. O BNG de Carnota agradece á veciñanza a súa gran paciencia e colaboración que permitiron ao goberno con paso lento pero seguro lograr este fito histórico, pois sabemos que houbo asuntos de importancia que tiveron que quedar no tinteiro estes anos, por culpa dunha situación económica pésima que obrigou a antepoñer o pago de facturas a outras cuestións. Sen embargo, o esforzo de todos os veciños e todas as veciñas tivo os seus froitos e hoxe afrontamos o futuro con moita máis ilusión e confianza na viabilidade económica do noso ...

Pleno extraordinario importante hoxe ás 20:30h

Comunicamos un pleno extraordinario que terá lugar hoxe, mércores 9 de marzo ás 20:30h no Salón de Plenos, coa seguinte ORDE DO DÍA: Aprobación da acta da sesión anterior Plan de aforro e investimento (PAI) 2016 Aprobación definitiva da RPT Dar conta da liquidación do orzamento de 2015 Aprobación inicial do orzamento da corporación para 2016 Moción 8 de marzo do BNG Pola especial transcendencia de varios dos temas a tratar, convidamos a toda a veciñanza a acudir.

Novo parque infantil no Pindo

Detalle do proxecto do novo parque O goberno municipal do Concello de Carnota vén de aprobar en solitario no último pleno (coa abstención de PP e PSOE) a creación dun novo parque infantil no Pindo , co que aumenta a oferta de lecer para os cativos e adultos desta parroquia. A infraestructura, cuxas obras comezarán de inmediato, situarase nun baldío municipal ubicado no porto do Pindo e contará cun orzamento de 49.014,20€. O investimento converterá unha parcela en desuso dunha zona de xogos infantís de 234 metros cadrados ben separada do tráfico rodado e con balancíns, columpios e tobogáns. Asi mesmo contará cunha área biosaudábel para exercicios de adultos de 73 metros cadrados. Todo o conxunto estará rodeado dunha ampla zona verde e crearanse ademais 67 metros cadrados de novos aparcamentos, pois é unha zona que -sobre todo no verán- tende a saturarse bastante de coches.

O Concello reinicia a participación veciñal con 13 reunións nun mes

O renovado goberno municipal de Carnota refresca a súa aposta pola plena participación directa do pobo de Carnota nas súas políticas, mediante unha rolda de Asembleas Veciñais que desenvolverá entre o 18 de setembro e o 17 de outubro en 13 lugares do noso Concello. O obxecto destas Asembleas, nas que sempre estarán presentes membros do equipo de goberno, será analizar as actuacións e os proxectos que se consideran necesarios nos distintos lugares, na opinión da súa propia veciñanza. O Pindo : Venres 18 de setembro ás 20 horas Quilmas : Sábado 19 de setembro ás 18 horas Louredo : Xoves 24 de setembro ás 19 horas San Mamede : Venres 25 de setembro ás 20 horas Carnota : Sábado 26 de setembro ás 12 horas Mallou : Mércores 30 de setembro ás 20 horas Canedo : Xoves 1 de outubro ás 19 horas Lira : Venres 2 de outubro ás 20 horas Adraño : Sábado 3 de outubro ás 12 horas Lariño : Mércores 7 de outubro...

Quen é quen no novo goberno municipal de Carnota?

Ramón Noceda Caamaño Lariño, 60 anos Alcalde-presidente do Concello de Carnota. Ademais ocuparase das áreas de personal, finanzas, urbanismo e obras e servizos, ou agro, mar e monte, entre outras. Proxectos importantes da súa área serán a RPT, os orzamentos municipais 2015, o PXOM e o desenvolvemento das actuacións completas por lugares previstas no noso programa . Correo-e: alcaldia@carnota.gal Iván Franco Caamaño Carnota, 35 anos Tenente de alcalde do Concello de Carnota. Levará as áreas de Turismo, Patrimonio, Medio Ambiente, Deportes e Comunicación e Novas tecnoloxías . Proxectos importantes da súa área serán as probas deportivas, a segunda fase de consolidación das estructuras do Castro de Mallou, a nova web municipal e o Víndemo Ver. Correo-e:  ivan.franco@carnota.gal Belén Campos Díaz Caldebarcos, 48 anos 2ª tenente de alcalde do Concello de Carnota. Levará as áreas de Cultura e Normalización lingüística . Proxectos importantes da súa área serán a ...

Ramón Noceda, novo alcalde de Carnota tras recibir o apoio da maioría absoluta da Corporación

O primeiro pleno de investidura arroxa como novo alcalde de Carnota a Ramón Noceda Caamaño, que continuará sendo o rexedor municipal mais esta vez con maioría absoluta, á luz dos resultados obtidos polo BNG de Carnota nas Eleccións Municipais do pasado 24 de maio que arrouxou 6 concelleiros nacionalistas, por 3 do PP e 2 do PSOE. No grupo municipal do BNG produciuse unha renovación case total, pois da corporación anterior só repiten Moncho Noceda e Iván Franco, mentras que se incorporaron as caras novas de Belén Campos, Jorge Fiuza, Marupe Armendáriz e Iago Maceiras, todos edís por primeira vez. Despois dunha cadea de dimisións na 1ª forza da oposición que levou a que en vez dos presentados fosen elixidos pola lista do PP o nº 3, a nº 4 e o nº 7 da lista, estes non presentaron candidatura a ocupar a alcaldía de Carnota, como tampouco o fixeron os dous candidatos elixidos polo PSOE. Porén, ambas forzas opuxéronse á toma de posesión como alcalde de Moncho Noceda, candidato da fo...