Saltar ao contido principal

Publicacións

Situación caótica no servizo de pediatría entre Carnota e Muros

O BNG de Carnota denunciou a situación caótica que están a vivir as familias polo servizo de pediatría, tanto no noso concello como no de Muros, onde se presta atención para toda a comarca só tres días á semana: luns, mércores e venres, até as 12.00 horas. A organización nacionalista sinala que existe unha situación de desinformación que está a provocar desprazamentos inútiles e confusión entre as familias. Segundo denunciou o BNG, hai persoas usuarias que acoden con fillos ou fillas a Muros e alí son derivadas outra vez a Carnota. A situación agrávase nos casos de urxencia. Segundo indica o BNG, as crianzas de até 3 anos teñen que desprazarse a Mazaricos ou a Noia. Ao mesmo tempo, Carnota segue sen especialista pediátrico desde hai moitos meses, polo que as familias teñen que desprazarse a Muros, onde agora o servizo tamén está máis abandonado polo Sergas. Primitivo Pedrosa , dirixente do BNG de Carnota, reclamou á Xunta de Galiza o restabelecemento urxente e inmediato do servizo de...

Entrevista a Primitivo Pedrosa sobre os recortes dos fondos europeos para pesca

Primitivo Pedrosa , mariñeiro e candidato á alcaldía do BNG Carnota nas vindeiras eleccións municipais, falou en Radio Nordés - Cadena SER sobre os recortes de fondos europeos para a pesca.  

O BNG reclama rutas de autobús máis curtas e rápidas entre a Costa da Morte e Santiago

O BNG da Costa da Morte reclamou á Xunta de Galiza rutas de autobús máis curtas e rápidas para conectar a Costa da Morte con Santiago de Compostela. A formación nacionalista sinala que a recente reorganización das rutas e horarios do transporte público non mellorou a situación da Costa da Morte. Ao contrario, segundo denuncia o BNG, a comarca quedou cun servizo peor e con conexións menos eficientes coa capital galega. O BNG criticou tamén a falta de información actualizada sobre os horarios e rutas. A organización cualificou de “auténtico despropósito informativo” a situación da web bus.gal, sinalando que non ofrece información veraz nin actualizada. Tamén denuncia que nas paradas non figuren os horarios oficiais dos autobuses, malia a instalación de novas marquesiñas. Oscar Insua resumiu a situación cunha comparación clara: hai 30 anos a viaxe en autobús a Compostela facíase por Santa Comba e duraba 2 horas e 45 minutos; hoxe, segundo denuncia, “lévanche por Noia e dura ata 3 horas”...

Primitivo Pedrosa, elixido novo candidato á alcaldía polo BNG

A Asemblea Local do BNG de Carnota ven de elixir novo candidato á alcaldía de Carnota por unanimidade: Primitivo Pedrosa.   Primitivo (Primi) é un veciño de Vilar de Carnota, fillo de María Rosa de González e de Primitivo, casado e cun fillo e unha filla. De profesión mariñeiro, patronea a súa embarcación de pesca artesanal Maria Rosa II, con base no porto de Muros.  Na actualidade tamén ostenta a representación dos armadores de pesca artesanal de baixura na Confraría de Pescadores de Muros, destacando pola súa labor incansábel, desde fai anos, a prol dos intereses dos traballadores e traballadoras do sector pesqueiro en distintas instancias, tanto a nivel autonómico, estatal e mesmo europeo, participando en distintos foros como experto no Parlamento Europeo e na Comisión Europea.   A nivel organizativo, Primitivo é membro da Comisión de Pesca do BNG e formou parte nas distintas candidaturas do BNG as eleccións, ás municipais do 2023, ao Parlamento Europeo, ao...

99 días sen convocarse un Pleno en Carnota

Despois de 99 días sen convocar un pleno ordinario , o Concello de Carnota volveu celebrar sesión plenaria o venres 8 de maio. Para o BNG, esta demora é unha mostra clara de como o gobeno local degrada a transparencia, o control democrático e a participación da veciñanza. O pleno municipal é o máximo órgano de representación política do Concello. Nel están representadas as persoas elixidas pola cidadanía e é o espazo no que deben debaterse os asuntos de maior importancia para Carnota: propostas, ordenanzas, orzamentos, preguntas, fiscalización do goberno e toma de decisións públicas. Cando non hai plenos, a veciñanza perde información, redúcese a capacidade de control sobre o goberno local, limítase a participación democrática e péchanse espazos fundamentais para coñecer, debater e propoñer. Por iso, desde o BNG de Carnota chamouse a asistir á sesión plenaria. A presenza da veciñanza nos plenos é unha ferramenta básica de transparencia: permite coñecer de primeira man que se decide,...

O PP rexeita recuperar a pediatría e a enfermaría pediátrica en Carnota

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Óscar Insua, presentou unha proposición non de lei na Comisión 5ª do Parlamento para exixir a recuperación inmediata dos servizos de pediatría e enfermaría pediátrica no centro de saúde de Carnota, que levan case un ano sen cobertura. A iniciativa, que foi rexeitada polo PP, pon de relevo a precarización sanitaria que sofren os veciños e veciñas deste concello e a falta de compromiso do Goberno galego coa sanidade pública.  Dende 2024, as familias de Carnota denuncian a ausencia dun pediatra fixo, obrigándoas a desprazarse a Muros para atención básica. A situación agravouse coa eliminación da enfermaría pediátrica en marzo, deixando sen revisións, vacinas ou curas específicas aos menores. A resposta da Consellería de Sanidade foi redirixir as consultas a médicos de atención primaria sen formación pediátrica específica, contravindo protocolos internacionais que exixen triaxe por especialistas. “Vostedes están desmantelado a sanidade para dic...

Carnota sae á rúa para esixir cunha soa voz a recuperación da pediatría

A veciñanza de Carnota protagonizou unha mobilización masiva para reclamar a recuperación do servizo de pediatría e de enfermaría pediátrica no centro de saúde. A concentración puxo de manifesto o cansazo das familias diante dunha situación que se arrastra desde hai case un ano. A falta de pediatría obriga a desprazamentos, dificulta o seguimento sanitario das crianzas e supón unha perda evidente de servizos públicos nun concello rural. O manifesto lido na mobilización lembrou que a veciñanza leva case un ano denunciando a falta de pediatría no centro de saúde de Carnota, unha situación agravada pola ausencia de enfermeiro pediátrico. Tamén advertiu de que a proposta de deixar a atención das crianzas maiores en mans dos médicos de cabeceira supón unha rebaixa da calidade asistencial e unha perda do dereito a unha atención especializada. ias denunciaron que esta situación é consecuencia de recortes, xubilacións sen reposición e falta de planificación. A demanda é clara: unha sanidade ...