O Partido Popular rexeitou no Parlamento galego a iniciativa do BNG para iniciar en 2025 o rescate da autovía AG-55, mantendo así a discriminación que sofren Bergantiños e a Costa da Morte. O BNG reclamaba que a Xunta de Galiza iniciase os trámites para facer efectivo o rescate da autovía A Coruña-Carballo e rematar coa peaxe que penaliza diariamente a milleiros de persoas que se desprazan por traballo, estudos, atención sanitaria ou necesidades familiares. A decisión do PP contrasta co acordo da Xunta de outubro de 2024 para recuperar a concesión doutras catro autoestradas con peaxe na sombra: Salnés, Barbanza, Ourense-Celanova e Santiago-Brión. Para o BNG, deixar fóra a AG-55 supón un agravio comparativo coa Costa da Morte e Bergantiños. Daniel Pérez cualificou esta situación como unha peaxe inxusta e inxustificada que lastra o desenvolvemento económico e social da zona. O BNG lembra ademais que a gratuidade da AG-55 é unha demanda histórica e que esta infraestrutura naceu inicia...