Carnota volveu demostrar este 25 de novembro que a loita contra as violencias machistas tamén se constrúe desde os pobos, desde a organización social e desde o compromiso colectivo. A mobilización impulsada por Sonlilá, co apoio do grupo de Acción Feminista do BNG do BNG, puxo voz a unha realidade que non pode ser silenciada: a violencia machista continúa condicionando a vida de milleiros de mulleres e crianzas, tamén na Galiza, tamén nos concellos pequenos, tamén nos espazos onde ás veces se pretende agochar baixo o silencio ou a falsa normalidade. Desde o BNG de Carnota queremos recoñecer o traballo das mulleres organizadas, do movemento feminista e de todas as persoas que participaron nesta xornada de denuncia e reivindicación e que abandeiran esta loita todo o ano. A resposta fronte á violencia machista non pode limitarse a declaracións institucionais un día ao ano: precisa recursos públicos, educación en igualdade, prevención, protección efectiva e unha implicación real de todas a...