Saltar ao contido principal

Publicacións

Obras no Pindo co goberno do BNG

Non hai peor cego que o que non quer ver. Toda a información que imos   facilitar pódese consultar na páxina da Deputación da Coruña. O único certo e que este POS 2020 vai ser o primeiro en varios anos no que non se inclúe ningunha obra para O Pindo. No    ano    2014,    pavimentación    na    Praza    da    Solaina    cun    orzamento    de 69.760,80 € No ano 2015, parque infantil no Pindo,   cun orzamento de 49.014,20€ (xa daquela coa abstención de PP e PSOE). No    ano    2017,    saneamento    na    rúa    de    Pindo    Norte    cun    orzamento    de 45.450,44 € No ano 2018, adecuación zona Este Praza da Solaina cun orzamento de   98.971,53€ No    ano    2019,    Amplicación    da    rede  ...

Empezan a ver a luz as obras do BNG

EMPEZAN A VER A LUZ AS OBRAS DO BNG SALVO   UN PROXECTO PARA O PINDO POR VOTAR ENCONTRA O PSOE E O PP Xa era hora!!! As obras comprometidas ca veciñanza polo goberno do BNG empezan a ver a luz. Apróbase definitivamente o plan Especial para o Centro Social en Valadiño correspondente ao POS do ano 2018. Adxudícanse as obras na Capilla-O Pindo. As rúas en Mallou e a pavimentación na zona oeste da Rúa en Lira, obras aprobadas no POS 2019. Estas dúas últimas obras, xunto con outros proxectos, son unha aposta do anterior goberno do BNG e forman parte dun ambicioso plan para mellorar e facer as rúas dos nosos pobos e lugares máis habitables con pavimento de lousas de pedra, soterramento de luz, telefonía, etc. Dende o BNG sentimos que a veciñanza do Pindo non poda disfrutar dunha mellora nunha das súas rúas como si o van facer Lira e Mallou. No pleno do día 5 de decembro, O POS 2020 foi aprobado por unanimidade da corporación. Nese mesmo pleno o PP e o PSOE de Carnota vota...

O BNG propón ao pleno de Carnota a inclusión no POS 2020 de unha obra xa proxectada no Pindo

O grupo municipal do BNG propuxo por escrito ao pleno da corporación municipal que se vai celebrar o día 5 deste mes ás 20:00 horas a inclusión no Plan adicional do POS 2020 do proxecto que o BNG tiña previsto para o Rueiro interior do Pindo con un orzamento de 184.051,13 €, proxecto xa redactado e que foi encargado polo anterior goberno do BNG. O proxecto do Rueiro Interior do Pindo é de máxima necesidade, así o ven demandando a veciñanza do Pindo , e completaría o saneamento integral do Pindo. Achegamos o documento da proposición presentada este martes día 3 no Concello:    

Un concelleiro do PSOE de Carnota utiliza un coche municipal para os seus fins persoais

Vehículo de titularidade municipal estacionado nas inmediacións da casa do edil Segundo nos transmitiu a veciñanza Rafael Piñeiro Piñeiro, concelleiro do PSOE de Carnota e delegado das áreas de deportes, patrimonio e participación veciñal do goberno local, leva varias semanas utilizando para os seus desprazamentos persoais o Seat Córdoba que usaba ata hai pouco a Policía Local. Asi, é moi frecuente atopar o vehículo, rotulado co escudo municipal, estacionado no Pindo, onde reside o edil, ou en Cee cando realiza desprazamentos de índole persoal a esta localidade. O BNG de Carnota preguntou no pasado pleno ao alcalde por este comportamento, quen se limitou a recoñecer os feitos, que xustificou con que o vehículo municipal estaba "desafectado"; pola súa banda o concelleiro sorprendeuse porque a oposición "espere que use o seu coche particular" para os seus desprazamentos. É dicir, os feitos denunciados pola veciñanza ademais de certos son consentidos polo propio ...

Nace Sonlilá para artellar o movemento feminista en Carnota

A nova entidade actívase cunha concentración, este mércores, en repulsa polo triple feminicidio de Valga Xa había un tempo que un grupo de mulleres traballaban para artellar o feminismo en Carnota, pero os acontecementos tráxicos vividos hoxe en Valga obrigounas a acelerar a posta en marcha do Colectivo de Mulleres Feministas Sonlilá , inscrita desde xa na Marcha Mundial das Mulleres , que busca combater desde o feminismo toda forma de discriminación e maltrato machista. A entidade está constituída en Carnota mais ten vocación de acoller cos brazos abertos ás mulleres dos municipios da contorna, convocou xa as súas dúas primeiras mobilizacións. A primeira mobilización será en repulsa polo triple feminicidio de Valg. Sonlilá convoca unha concentración este mércores 18 ás 20:00 horas na Praza de Abaixo de Carnota (a da Pedra). Carnota convértese asi por primeira vez nunha das localidades que secunda a iniciativa da Marcha Mundial das Mulleres, consistente en autoconvocar simul...

Non ao peche das escolas unitarias de Portocubelo e O Viso!

A Xunta de Galiza vén de facer público o peche inmediato das escolas unitarias de Portocubelo (Lira) e O Viso (San Mamede) polo feito de non acadar neste curso un número determinado de alumnos. Esta decisión política, coa que xa levaban tempo ameazando, e de feito asi nolo viñan comentando nais e pais nos últimos meses, supón a consecuencia máis directa e cruda do austericidio perpetrado polo Partido Popular desde as institucións de goberno que controla e desde a Xunta que debera ser a máxima interesada en velar, precisamente, pola posta en marcha e mellora dunha rede de servizos sociais públicos, de proximidade e calidade no medio rural que atenda á nosa realidade poboacional dispersa. Con esta decisión da Xunta de Galiza, Carnota perde as escolas unitarias nos dous lugares máis habitados do noso municipio. Desde o BNG entendemos que a sociedade local, e a súa institución de goberno máis próxima, que é o Concello, non poden ficar impasíbeis ante esta agresión contra os intereses ...

O PSOE pacta os salarios co PP

Goberno municipal (fonte: La Voz de Galicia) Finalmente confírmase a existencia dun pacto do PSOE co PP de Carnota; o acordo, anticipado na prensa e confirmado no pleno de hoxe, garante un salario de 35.000€ para o alcalde e de 14.500 para a tenente de alcalde, importes algo inferiores ás súas pretensións iniciais pero aínda superiores, en calquera caso, dos límites fixados no  plano de axuste vixente ata 2023 que no seu día fora aprobado pola corporación municipal co apoio do propio PSOE. Asi mesmo, tamén aprobaron elevar as asistencias a plenos e xuntas de goberno. A veciñanza descoñece aínda a día de hoxe con que programa goberna o PSOE, por iso non parece moi lóxico que comecen esixindo un incremento repentino dos salarios políticos, o que é unha falta de respecto a toda a veciñanza e demostra a nula vontade de diálogo por parte dun alcalde que unha e outra vez minte na prensa para construír o relato que máis lle convén, mesmo  facéndose o sorprendido ante a nosa p...