Saltar ao contido principal

Empezan a ver a luz as obras do BNG


EMPEZAN A VER A LUZ AS OBRAS DO BNG SALVO  UN PROXECTO PARA O PINDO POR VOTAR ENCONTRA O PSOE E O PP


Xa era hora!!! As obras comprometidas ca veciñanza polo goberno do BNG empezan a ver a luz. Apróbase definitivamente o plan Especial para o Centro Social en Valadiño correspondente ao POS do ano 2018. Adxudícanse as obras na Capilla-O Pindo. As rúas en Mallou e a pavimentación na zona oeste da Rúa en Lira, obras aprobadas no POS 2019. Estas dúas últimas obras, xunto con outros proxectos, son unha aposta do anterior goberno do BNG e forman parte dun ambicioso plan para mellorar e facer as rúas dos nosos pobos e lugares máis habitables con pavimento de lousas de pedra, soterramento de luz, telefonía, etc.

Dende o BNG sentimos que a veciñanza do Pindo non poda disfrutar dunha mellora nunha das súas rúas como si o van facer Lira e Mallou. No pleno do día 5 de decembro, O POS 2020 foi aprobado por unanimidade da corporación. Nese mesmo pleno o PP e o PSOE de Carnota votaron en contra da proposta do BNG de incluir dentro do POS 2020 un proxecto de 184.051,13 euros de investimento para o Rueiro interior do Pindo (na Corredoira), e que o anterior goberno municipal do BNG xa deixou elaborado, un proxecto de máxima necesidade como así o ten demandado a veciñanza e que completaría o saneamento integral desta localidade colocando ao Pindo na mesma senda de lugares como Mallou con un investimento de 159.765,54€ ou da Rúa leste e oeste de Lira con un investimento total de 196.794,01€.

Non deixa de ser curioso que os dous ediles do Pindo voten en contra de melloras para o seu pobo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...