Saltar ao contido principal

Publicacións

Un concelleiro do PSOE de Carnota utiliza un coche municipal para os seus fins persoais

Vehículo de titularidade municipal estacionado nas inmediacións da casa do edil Segundo nos transmitiu a veciñanza Rafael Piñeiro Piñeiro, concelleiro do PSOE de Carnota e delegado das áreas de deportes, patrimonio e participación veciñal do goberno local, leva varias semanas utilizando para os seus desprazamentos persoais o Seat Córdoba que usaba ata hai pouco a Policía Local. Asi, é moi frecuente atopar o vehículo, rotulado co escudo municipal, estacionado no Pindo, onde reside o edil, ou en Cee cando realiza desprazamentos de índole persoal a esta localidade. O BNG de Carnota preguntou no pasado pleno ao alcalde por este comportamento, quen se limitou a recoñecer os feitos, que xustificou con que o vehículo municipal estaba "desafectado"; pola súa banda o concelleiro sorprendeuse porque a oposición "espere que use o seu coche particular" para os seus desprazamentos. É dicir, os feitos denunciados pola veciñanza ademais de certos son consentidos polo propio ...

Nace Sonlilá para artellar o movemento feminista en Carnota

A nova entidade actívase cunha concentración, este mércores, en repulsa polo triple feminicidio de Valga Xa había un tempo que un grupo de mulleres traballaban para artellar o feminismo en Carnota, pero os acontecementos tráxicos vividos hoxe en Valga obrigounas a acelerar a posta en marcha do Colectivo de Mulleres Feministas Sonlilá , inscrita desde xa na Marcha Mundial das Mulleres , que busca combater desde o feminismo toda forma de discriminación e maltrato machista. A entidade está constituída en Carnota mais ten vocación de acoller cos brazos abertos ás mulleres dos municipios da contorna, convocou xa as súas dúas primeiras mobilizacións. A primeira mobilización será en repulsa polo triple feminicidio de Valg. Sonlilá convoca unha concentración este mércores 18 ás 20:00 horas na Praza de Abaixo de Carnota (a da Pedra). Carnota convértese asi por primeira vez nunha das localidades que secunda a iniciativa da Marcha Mundial das Mulleres, consistente en autoconvocar simul...

Non ao peche das escolas unitarias de Portocubelo e O Viso!

A Xunta de Galiza vén de facer público o peche inmediato das escolas unitarias de Portocubelo (Lira) e O Viso (San Mamede) polo feito de non acadar neste curso un número determinado de alumnos. Esta decisión política, coa que xa levaban tempo ameazando, e de feito asi nolo viñan comentando nais e pais nos últimos meses, supón a consecuencia máis directa e cruda do austericidio perpetrado polo Partido Popular desde as institucións de goberno que controla e desde a Xunta que debera ser a máxima interesada en velar, precisamente, pola posta en marcha e mellora dunha rede de servizos sociais públicos, de proximidade e calidade no medio rural que atenda á nosa realidade poboacional dispersa. Con esta decisión da Xunta de Galiza, Carnota perde as escolas unitarias nos dous lugares máis habitados do noso municipio. Desde o BNG entendemos que a sociedade local, e a súa institución de goberno máis próxima, que é o Concello, non poden ficar impasíbeis ante esta agresión contra os intereses ...

O PSOE pacta os salarios co PP

Goberno municipal (fonte: La Voz de Galicia) Finalmente confírmase a existencia dun pacto do PSOE co PP de Carnota; o acordo, anticipado na prensa e confirmado no pleno de hoxe, garante un salario de 35.000€ para o alcalde e de 14.500 para a tenente de alcalde, importes algo inferiores ás súas pretensións iniciais pero aínda superiores, en calquera caso, dos límites fixados no  plano de axuste vixente ata 2023 que no seu día fora aprobado pola corporación municipal co apoio do propio PSOE. Asi mesmo, tamén aprobaron elevar as asistencias a plenos e xuntas de goberno. A veciñanza descoñece aínda a día de hoxe con que programa goberna o PSOE, por iso non parece moi lóxico que comecen esixindo un incremento repentino dos salarios políticos, o que é unha falta de respecto a toda a veciñanza e demostra a nula vontade de diálogo por parte dun alcalde que unha e outra vez minte na prensa para construír o relato que máis lle convén, mesmo  facéndose o sorprendido ante a nosa p...

O BNG lanza o nº 36 do seu voceiro local A Moa

O BNG de Carnota xa distribuiu a cada casa do noso municipio un novo número, o 36, do seu voceiro local A Moa , publicación de referencia da política carnotá que leva editando a Asemblea local do BNG de Carnota desde hai 25 anos. Este exemplar vai dirixido fundamentalmente a valorar os resultados das pasadas eleccións municipais e as circunstancias que levaron a eles, asi coma un repaso á situación na que o BNG deixa o municipio (excelente, en relación á herdanza que recibiu do PP en 2011) a tamén o rexeitamento veciñal á desorbitada proposta económica que puxo o PSOE enriba da mesa, e que supón un incremento dun terzo respecto ao salario que tiña Moncho e converter Carnota no segundo municipio da comarca no que máis paga cada habitante ao seu alcalde. Revista A Moa Nº 36 - xullo de 2019 Sumario Belén Campos, nova portavoz municipal do BNG de Carnota. Resultados das eleccións municipais. Milucho Louro renuncia a tomar posesión coma concelleiro O ataque contra o fogar de Milucho...

O PSOE fracasa no seu intento de sacar adiante uns salarios políticos que decepcionan á maioría da veciñanza

Novo goberno municipal do PSOE de Carnota (foto: La Voz de Galicia) O alcalde de Carnota pasaría a ser o 2º rexedor da bisbarra que máis lle custa a cada veciño e veciña O PSOE de Carnota non logrou no pleno municipal que tivo lugar o pasado xoves que prosperara a súa pretensión de incrementar ostensibelmente os salarios políticos do goberno de Carnota asi coma as indemnizacións por asistencias a Xuntas de Goberno e outros organismos. O BNG lembra que a proposta do PSOE suporía multiplicar por 8 o custo das Xuntas de Goberno ás arcas municipais, aumentar case un terzo o salario do alcalde ata o máximo permitido por Lei tamén e duplicar as dedicacións exclusivas. A proposta foi observada desde o primeiro momento con incredulidade por parte da veciñanza e logo con decepción, pois non se ve xustificado convertir a Carnota no segundo concello da comarca (non o terceiro, como dixemos nun principio , pois supostamente o alcalde dumbriés José Manuel Pequeño xubilouse en nadal) no que...

Debate: Pode o alcalde de Carnota permitirse o luxo de ter un dos soldos máis altos da comarca?

O BNG e a veciñanza pregúntanse se é lexítimo que o novo alcalde de Carnota eleve o seu salario ata o tope legal na súa primeira semana no cargo Datos de 2018. Fontes: IGE (poboación) e Ministerio de Política Territorial (salarios) Malia a mellora significativa do estado das contas do noso Concello, obra do bo facer do executivo de Moncho Noceda que soubo facer por practicamente saldar todas as débedas municipais, Carnota sufre unha perda constante do seu saldo vexetativo, alcanzando agora a duras penas os 4.000 habitantes, polo que os seus recursos tamén serán cada vez máis limitados. Por iso non parece moi sensato elevar o salario do seu alcalde ata ser un dos tres alcaldes mellor pagados da comarca en relación ao seu número de habitantes, xunto con Laxe e Dumbría, senón o contrario: non sería máis sensato continuar na senda da moderación e contención fixada no rigoroso Plan de Axuste que tan bos resutados está dando? Ese plan foi proposto polo BNG e aprobado no seu día co apoi...