Goberno municipal (fonte: La Voz de Galicia) Finalmente confírmase a existencia dun pacto do PSOE co PP de Carnota; o acordo, anticipado na prensa e confirmado no pleno de hoxe, garante un salario de 35.000€ para o alcalde e de 14.500 para a tenente de alcalde, importes algo inferiores ás súas pretensións iniciais pero aínda superiores, en calquera caso, dos límites fixados no plano de axuste vixente ata 2023 que no seu día fora aprobado pola corporación municipal co apoio do propio PSOE. Asi mesmo, tamén aprobaron elevar as asistencias a plenos e xuntas de goberno. A veciñanza descoñece aínda a día de hoxe con que programa goberna o PSOE, por iso non parece moi lóxico que comecen esixindo un incremento repentino dos salarios políticos, o que é unha falta de respecto a toda a veciñanza e demostra a nula vontade de diálogo por parte dun alcalde que unha e outra vez minte na prensa para construír o relato que máis lle convén, mesmo facéndose o sorprendido ante a nosa p...