Saltar ao contido principal

Publicacións

O BNG denuncia o ataque ao fogar de Milucho Louro na noite electoral

O BNG de Carnota condena un incidente que empaña definitivamente o proceso electoral Pouco antes da media noite, ao pouco de chegar ao seu fogar familiar en Lariño, a familia do noso candidato á alcaldía, Emilio Louro, unha vez finalizada a xornada electoral, percibiu rebumbio e movementos estranos nas proximidades do seu domicilio, que alertaron aos cans do entorno. Nese intre unha ou varias persoas rociaron a casa de Milucho con algún produto químico que desprendía un intensísimo cheiro desagradábel, e logrando dalgún xeito infiltralo tamén na vivenda, de maneira que aos poucos minutos era practicamente imposíbel permanecer no seu interior polo cheiro insoportábel que se prolongaría durante varias horas. Foi o aínda alcalde Moncho Noceda quen alertou á Policía Local, que se achegou de inmediato á zona, redactou un informe e chamou á súa vez á Garda Civil, que xa está a investigar o incidente asi coma se os seus autores lograran acceder dalgún xeito ao interior da propiedade. In...

Graciñas pero non puido ser: O BNG de Carnota pasará á oposición os vindeiros 4 anos

O BNG de Carnota vén de sufrir unha derrota nas eleccións municipais, tras ceder 3 dos seus 6 escanos actuais, os mesmos que medrou o PSOE, gañador da cita coas urnas nunha xornada electoral cunha participación que rondou o 70%, lixeiramente superior á rexistrada hai 4 anos. En canto aos resultados por mesa, que podedes ver no cadro, o BNG gañou en dúas urnas (Lariño e Caldebarcos), mentras que en San Mamede fomos segunda forza a só 6 votos do PP, que tamén gañou en Carnota, mentras que o PSOE gañou no Pindo e en Lira, que resultou ser a mesa que lle valiu a vitoria. Felicitamos ao PSOE de Carnota, e ao seu candidato Juan Manuel Saborido Rama, Moma, polos resultados. En canto ao BNG de Carnota, tomamos nota da mensaxe dura pero clara da nosa veciñanza: o povo é quem mais ordena , e ordenou que o BNG pase á oposición os vindeiros catro anos. Agora será tempo de analisar erros e acertos, e poñerse desde xa a traballar para desenvolver unha oposición activa e constructiva que siga ...

Para facer de Carnota un lugar para vivir... vota BNG!

Pequeno fotoresumo dos actos e iniciativas da campaña do BNG Co cheo absoluto rexistrado hoxe no acto de peche de campaña de Lira, concluíu a campaña política do BNG para facer de Carnota un lugar para vivir , poñendo o colofón a uns duros meses de traballo moi intenso, que empezou practicamente no mesmo momento da elección unánime de Milucho Louro coma o novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota , en agosto. A partir de aí, no BNG comezou unha ilusionante misión colectiva con tres obxectivos principais: dar a coñecer ao flamante candidato , confeccionar unha excelente candidatura , e iniciar un proxecto político transformador para o noso Concello, que continúe facendo gala da honestidade, humildade e transparencia que caracterizou ao executivo de Moncho Noceda estes 8 anos. Para isto desenvolvemos unha intensisima campaña iniciada en xaneiro, e entre os actos de presentación do candidato e da candidatura completa (nos que nos acompañaron Ana Pontón e Ana Miranda) celebramos...

Carnota porá en valor o Olimpo Celta e as súas «cabaseiras» con cadanseu Centro de Interpretación

Se hai algo que se botou en falta sempre en Carnota foi a ausencia de centros de interpretación para a musealización e posta en valor do seu amplísimo patrimonio histórico, natural e etnográfico. Se ben, no primeiro caso, a posta en marcha neste mandato do Museo Aberto de Carnota supuxo un importante avanzo, seguimos sen contar con espazos físicos onde coñecer a ampla diversidade natural e cultural do Concello. Pois ben, de continuar o BNG no goberno, Carnota non contará con un senón con dous Centros de Interpretación: un centrado nos valores naturais e xeolóxicos do Monte Pindo e outro dedicado ao riquísimo patrimonio etnográfico, centrado nos hórreos que son un dos nosos sinais de identidade. Fermosa panorámica desde o Monte Pindo coa praia de San Pedro do Pindo debaixo ( cc ) O Centro de Intepretación do Monte Pindo fará xustiza á falta de investimentos públicos neste espazo O Monte Pindo, xoia da coroa de Carnota, supón un grandisimo recurso e polo de atracción que, corr...

O Auditorio de Carnota será pronto realidade en San Mamede

Rematando coa quinta das nosas  proposta ⭐ estrela  do noso Programa , unha vez coñecidas as da parroquia de  O Pindo ,  Lariño , Carnota e Lira , o BNG presenta a que ten previsto desenvolver no vindeiro mandato na parroquia de San Mamede . Outra vella demanda da nosa veciñanza e dos seus axentes sociais é a carencia dun recinto municipal que poida acoller eventos culturais, musicais, etc... de certa entidade. Tradicionalmente o Salón de Actos do Concello ten suplido esta carencia en multitude de ocasións, pero o seu aforo é bastante limitado; os novos tempos fan necesario un local cun aforo maior, e por iso o BNG traballa pola creación do Auditorio de Carnota  no Viso, que permitirá a organización de todo tipo de espectáculos e eventos musicais e culturais. A posta en marcha deste recinto poderemos ampliar a programación cultural do noso municipio, incluílo na Rede Cultural provincial e multiplicar as posibilidades que ten Carnota para acoller eventos no...

A muller merece desenvolver a súa vida nun entorno libre de violencia e discriminacións

Acción en Carnota en defensa do dereito a decidir das mulleres sobre o seu corpo Unha das maiores transformacións vividas no Concello de Carnota nos últimos anos foi o aumento significativo da sensibilización sobre as problemáticas específicas que sofren as mulleres, e moi nomeadamente no sentido das discriminacións e das violencias machistas, que motivaron medidas e políticas específicas. O goberno local do BNG de Carnota asumiu con absoluta convicción que un executivo municipal non pode permanecer impasíbel ante esta lacra ou percibila coma algo estrutural ou alleo, agardando tan só a saír a lamentarse ante o seguinte caso mediático de violencia machista; o goberno debe ser totalmente consciente da gravísima problemática que segue a suporlle ás mulleres o machismo aínda inherente en parte da nosa sociedade, e ten que ser proactivo tanto na diagnose coma na prevención e corrección de situacións de posíbel discriminación contra as mulleres. Por iso o goberno de Carnota, a tra...

Lira acollerá un Viveiro de Empresas

A seguinte  proposta ⭐ estrela  do noso  Programa   tras  O Pindo ,  Lariño  e Carnota será en Lira. O Viveiro de Empresas multiplicará as oportunidades para emprender en Carnota (Imaxe: Edita Cambeiro ) Trátase dun proxecto innovador que vimos madurando desde aproximadamente 2016: o  Viveiro de Empresas de Carnota  é unha instalación municipal de carácter público que se radicará en Lira e que permitirá ao Concello ofrecer nunhas condicións moi vantaxosas un espazo a aquela xente emprendedora que teña unha idea para poñer en marcha un negocio no noso Concello, ou queira redimensionar a iniciativa que xa teña creada. Pero o Viveiro non só suporá un local totalmente equipado e conectado, cos principais servizos comúns mancomunados; tamén conlevará o apoio e o asesoramento empresarial e financieiro ás persoas que aposten por Carnota e polo rural galego á hora de emprender. Agardamos que coas grandes facilidades para a posta en marcha d...