Saltar ao contido principal

Publicacións

Sumar por Galiza: acompáñanos este 25 de xullo, Día da Patria, en Compostela

O BNG traslada ao Parlamento o retraso nas obras de saneamento en Carnota

Luís Bará: “Leva dez anos de demora e estamos ante un problema de saúde, de contaminación e de imaxe nunha zona de gran afluencia turística” O BNG trasladou ao Parlamento o longo retraso acumulado nas obras de saneamento na localidade do Pindo no Concello de Carnota, o que deriva nun problema de saúde pública, ambiental e mesmo de imaxe nun municipio que ten unha gran actividade turística pois conta con dous dos reclamos do patrimonio natural máis importantes e valiosos de Galiza como é a fervenza do Ézaro e o Monte Pindo. “Parécenos bochornoso, escandaloso, vergonzoso, que a obra estea aínda sen rematar, entendo as dificultades, pero tras o tempo transcorrido é incomprensible que estean sen finalizar, e de aí a mobilización veciñal ante unhas verteduras que son moi preocupantes”, salientou o deputado Luís Bará, portavoz do BNG na Comisión de Política Territorial, mentres mostraba imaxes deses vertidos ao director de Augas de Galiza, Roberto Martínez a quen pediu explicacións polas o...

A Moa, o voceiro local do BNG de Carnota, a piques de cumprir 35 edicións e 22 anos de historia

O BNG de Carnota logrou reunir e publicar, grazas á colaboración veciñal, todos os exemplares antigos Portada do nº 8 , lanzado en 1997 Se hai algo tradicional na política local de Carnota son os tránsfugas, e a revista A Moa , voceiro local do BNG e Galiza Nova de Carnota. Non casualmente chámase coma a atalaia do Olimpo Celta, desde a que se vixían desde millóns de anos os devires das terras bañadas pola fouce de Carnota, e desde a que levamos case un cuarto de século informando a toda a veciñanza de Carnota diseminada polo mundo adiante da actualidade do seu Concello desde a óptica do nacionalismo local, e tamén denunciando, sempre cun punto de vista retranqueiro e incisivo, as numerosas trapalladas que por desgraza se teñen cometido nestes confíns. Os cadriños da Moa, sempre cheos de humor e reivindicación A piques de cumprir os seus 22 anos e 35 edicións, A Moa fixo sitio nos nosos fogares para todo tipo de contidos: novas de actualidade, resultados electorais, sisudas aná...

Contra os cheiros no Pindo temos que movernos!

Panorámica da praia de San Pedro. Fonte: turismo.gal O BNG de Carnota comparte absolutamente o cansanzo manifestado pola veciñanza do Pindo por mor dos cheiros que endemicamente afectan á praia de San Pedro, e súmase sen paliativos ao maioritario rexeitamento desta situación lamentábel nunha das praias e localidades máis fermosas do noso concello. A falta dunha, o Pindo conta con dúas redes de saneamento máis ou menos operativas; porén a Xunta segue a dilatar o ansiado momento da conexión, e tras oito anos de obras que nunca parecen acabar, seguimos sufrindo este mal con maior incidencia aínda no verán, empeorando a calidade de vida da veciñanza e ofrecendo unha imaxe deplorábel do noso municipio a visitantes que acoden a Carnota coma un referente turístico saudábel, de calidade e con respecto ao medio ambiente, mais que se levan deste lugar unha sensación ben distinta. O goberno municipal convocará en próximas datas a unha xuntanza a todos os axentes sociais para procurar unha ...

Carnota, encrucillada de caravanas

Ata 46 caravanas contaron onte na cabeceira da praia de Maceiras. Fonte: FB Carnota A Coruña . O BNG valora que Carnota é un municipio extremadamente atractivo para as caravanas e de feito xa leva varios anos sendo un dos destinos preferidos na nosa nación para as persoas apaixoadas deste tipo de turismo; mais desgrazadamente o noso Concello aínda non conta cunhas instalacións apropiadas para esta actividade, polo cal cada ano veñen repetíndose problemas de convivencia entre estas e outras formas de disfrutar do verán na nosa terra, e coa propia veciñanza. Porén este ano a situación desbordouse completamente coa chegada masiva de caravanas e ante o efecto chamada de varias redes sociais que promocionaron este destino desde un enfoque pouco respectuoso co entorno e irresponsábel. Isto obrigou ás autoridades locais a adoptar medidas urxentes coma o peche ao tráfico rodado de determinadas vías e o desaloxo de zonas costeiras absolutamente ateigadas de caravanas que converteran o eco...

Carnota si está pola Costa da Morte

Despois da última reunión da directiva da CMAT, apareceron publicadas unha serie de informacións nas que se critica publicamente a posición de Carnota a respecto desta entidade. Concretamente, as críticas inciden en cuestións coma a falta de abono das cotas da entidade ou a non asistencia ás reunións. En Que Pasa na Costa chega a asegurarse: "Sobre esta reunión Carnota xa manifestou que non quere estar na Costa da Morte , en palabras do propio alcalde" , entrecomiñando esa frase e reforzando a idea de que son verbas literais ditas polo noso alcalde Ramón Noceda. Hai só un mes Carnota acolleu un acto comarcal do BNG Descoñecemos de que puño sairon estas declaracións, pois son simplemente inventadas. O alcalde de Carnota non puido pronunciarse nin neste asunto nin nunca en contra da pertenza de Carnota a esta comarca, e poucos poderán discutir que o BNG é unha das organizacións que máis (senón a que máis) pulou pola comarcalización real do noso territorio. Pola contra out...

Ana Pontón pide desde Carnota a Feijóo que se reúna cos axentes sociais e pare a venda das centrais

A portavoz nacional do BNG , Ana Pontón, mantivo esta mañá en Carnota un encontro cos alcaldes e edís nacionalistas da Costa da Morte para visibilizar o apoio do BNG ás demandas do cadro de persoal de Ferroatlántica, que pasan por evitar a segregación e venda ilegal das centrais do Xallas anunciada polo grupo empresarial do agora imputado Villar Mir na Operación Lezo por presunto financiamento ilegal do PP. “Pasaron moitos meses desde a última reunión en novembro de Núñez Feijóo cos alcaldes de todos os concellos implicados, o comité de empresa leva tamén meses petando na porta da Xunta par manter un encontro co conselleiro de Industria e como resposta so vemos un silencio que non axuda a calmar os ánimos senón que introduce máis incerteza sobre o futuro das plantas”, explicou Pontón tras o encontro. Por iso, o BNG demanda do Goberno galego “transparencia”, que para a portavoz nacionalista “significa reunirse de novo con todos os axentes políticos e sociais da comarca e mandar u...