Luís Bará: “Leva dez anos de demora e estamos ante un problema de saúde, de contaminación e de imaxe nunha zona de gran afluencia turística” O BNG trasladou ao Parlamento o longo retraso acumulado nas obras de saneamento na localidade do Pindo no Concello de Carnota, o que deriva nun problema de saúde pública, ambiental e mesmo de imaxe nun municipio que ten unha gran actividade turística pois conta con dous dos reclamos do patrimonio natural máis importantes e valiosos de Galiza como é a fervenza do Ézaro e o Monte Pindo. “Parécenos bochornoso, escandaloso, vergonzoso, que a obra estea aínda sen rematar, entendo as dificultades, pero tras o tempo transcorrido é incomprensible que estean sen finalizar, e de aí a mobilización veciñal ante unhas verteduras que son moi preocupantes”, salientou o deputado Luís Bará, portavoz do BNG na Comisión de Política Territorial, mentres mostraba imaxes deses vertidos ao director de Augas de Galiza, Roberto Martínez a quen pediu explicacións polas o...