Panorámica da praia de San Pedro. Fonte: turismo.gal O BNG de Carnota comparte absolutamente o cansanzo manifestado pola veciñanza do Pindo por mor dos cheiros que endemicamente afectan á praia de San Pedro, e súmase sen paliativos ao maioritario rexeitamento desta situación lamentábel nunha das praias e localidades máis fermosas do noso concello. A falta dunha, o Pindo conta con dúas redes de saneamento máis ou menos operativas; porén a Xunta segue a dilatar o ansiado momento da conexión, e tras oito anos de obras que nunca parecen acabar, seguimos sufrindo este mal con maior incidencia aínda no verán, empeorando a calidade de vida da veciñanza e ofrecendo unha imaxe deplorábel do noso municipio a visitantes que acoden a Carnota coma un referente turístico saudábel, de calidade e con respecto ao medio ambiente, mais que se levan deste lugar unha sensación ben distinta. O goberno municipal convocará en próximas datas a unha xuntanza a todos os axentes sociais para procurar unha ...