A portavoz nacional do BNG , Ana Pontón, mantivo esta mañá en Carnota un encontro cos alcaldes e edís nacionalistas da Costa da Morte para visibilizar o apoio do BNG ás demandas do cadro de persoal de Ferroatlántica, que pasan por evitar a segregación e venda ilegal das centrais do Xallas anunciada polo grupo empresarial do agora imputado Villar Mir na Operación Lezo por presunto financiamento ilegal do PP. “Pasaron moitos meses desde a última reunión en novembro de Núñez Feijóo cos alcaldes de todos os concellos implicados, o comité de empresa leva tamén meses petando na porta da Xunta par manter un encontro co conselleiro de Industria e como resposta so vemos un silencio que non axuda a calmar os ánimos senón que introduce máis incerteza sobre o futuro das plantas”, explicou Pontón tras o encontro. Por iso, o BNG demanda do Goberno galego “transparencia”, que para a portavoz nacionalista “significa reunirse de novo con todos os axentes políticos e sociais da comarca e mandar u...