Formación de Coso Carnóbrigo Facemos un alto no noso camiño hacia as urnas para divulgar o proxecto musical de 3 rapaces e unha rapaza do noso Concello que están loitando por un lugar no escenario do Festigal , un dos cenarios clave da axenda musical galega que se celebra o 24 de xullo, vésperas do Día da Patria, no Campus Sur compostelán. Este festival convocou un concurso de novas promesas musicais vía Facebook no que está ben situado Coso Carnóbrigo ( Coso da fortaleza de pedra ), un grupo de folk-metal, como se autodefinen, composto por Roldán Figueira, e Antón Beiro ás guitarras, Kiko Figueira na batería e Paula Teixeira no micro. Polas súas veas corre sangue carnotá e ademais actúan en galego polo que vos pedimos que compartades no voso perfil de Facebook o seu single de presentación , adianto do disco Sacrificial que están a preparar, pois é a única forma de que o voso apoio sexa compatibilizado pola organización do Festigal. Nós non temos redes clientelares per...