Saltar ao contido principal

Publicacións

Desmontamos as mentiras laborais do PP e do PSOE

Non nos colle de sorpresa que logo de toda unha lexislatura desaparecidos, os candidatos de PP e PSOE precisen algún titular co que atacar a xestión municipal do BNG nas follas dos periódicos. Nin tampouco que despois de catro anos nos que só presentaron dúas ou tres mocións entre os dous partidos da oposición, a meses das eleccións estén dispostos a recurrir á mentira para lograr desesperadamente atención. A última ocurrencia deles foi afirmar que a redución de plantilla desenvolta polo goberno local para axustar o personal municipal á realidade económica e poboacional do municipio custou ás arcas de Carnota varios centos de miles de euros, unhas cifras absolutamente disparatadas que non podemos nin explicar de onde as sacan. O BNG de Carnota publica para coñecemento de toda a veciñanza o resumo das cifras reais do aforro que supuxo a medida de redución do personal, concretando cal foi o custe real para o concello da opción finalmente executada (cifras salientadas en negriña), con ...

O alcalde de Carnota pídelle ao PP que explique á veciñanza por que apoiaba o Parque Natural ata perder a alcaldía

A Asociación Monte Pindo vén de publicar unha enquisa de Sondaxe que demostra un inmenso apoio social e tamén un listado de 171 entidades que ata hoxe avalaron a iniciativa para declarar o Monte Pindo parque Natural. É abraiante que calquera idea naza con tal apego social e respaldo de entidades de absolutamente todo tipo, e moito máis cando se trata dunha posición -cando menos de partida- conservacionista. Calquera administración debería celebrar que a súa sociedade acade tal grao de madurez que non sexa freo, senón motor de iniciativas tan valentes como esta. Por iso resulta sorprendente a circunstancia de que a única entidade que ata o momento se ten oposto diametralmente sexa o PP, pois é o partido do goberno da Xunta quen ten na súa man o éxito do proxecto, dado que a Consellería de Medio Ambiente é quen ten a exclusiva potestade de decretar a creación do Parque Natural e deseñar a folla de ruta e os presupostos para levalo a bo cabo. Despois de cinco anos de traballo vec...

Carta aberta á veciñanza de Carnota

A seguir reproducimos a Carta Aberta que o equipo de goberno municipal acaba de remitirlle á veciñanza de Carnota en cumprimento do seu compromiso programático de transparencia na xestión municipal. Estimados veciños e veciñas, Primeiramente, dende o Equipo de Goberno pedímosvos perdón polo tempo transcorrido dende a primeira carta á veciñanza e esta segunda. As difíciles circunstancias vividas no Concello, que todos e todas coñecedes, e a falla de datos económicos concretos fixeron que a presente información se fose atrasando. Cúmprense xa 3 anos e 6 meses do noso Goberno e todo este tempo serviunos para descubrir ata que punto Carnota enfrontaba unha situación tan crítica que, por veces, mesmo parecía insalvable. Con esta carta, escrita desde a humildade e tras un profundo exercicio de autocrítica, pretendemos informar a toda a veciñanza dos pasos e das medidas que adoptou este Equipo de Goberno para conseguir que o noso Concello sexa viable. Primeiro, debemos recoñecer que n...

Esta é a triste realidade da mocidade da Costa da Morte. Que emigren os culPPabéis!

Esta é a triste realidade da mocidade da Costa da Morte. Que emigren os culPPabéis! Este nadal, miles de mozas e mozos galegos soñan con volver a casa. Nin escravitude, nin emigración! Na Galiza esiximos dereitos! Fantástica iniciativa de Galiza Nova Costa da Morte para que non esquezamos aos que faltarán nestas festas. Segue ás mocidades nacionalistas da nosa comarca en Facebook e Twitter .

Ramón Noceda aspira a revalidar a alcaldía de Carnota

Moncho Noceda nun acto en defensa da pesca artesanal o pasado sábado A Asemblea Local do BNG de Carnota elixiu esta fin de semana a súa figura de saída na que será a candidatura do BNG - Asembleas Abertas nas próximas eleccións municipais, estimadas para maio de 2015. A única candidatura presentada, a do actual alcalde Ramón Noceda, contou co apoio unánime da militancia para traballar por revalidar a alcaldía de Carnota nesta nova e ilusionante etapa, toda vez que a situación economica do Concello se conseguiu normalizar evitando a intervención á que parecía irremediabelmente abocado no inicio do mandato. O noso punto de partida era ter que facer fronte a unha débeda municipal cercana aos 5 millóns de euros, que se conseguiron minimizar durante este mandato. Se ben a situación actual será detallada nunha vindeira carta da alcaldía a todos os veciños, continuando co compromiso de transparencia que adoptou o BNG no seu programa electoral, xa podemos anticipar que a nova situación ...

Este venres, primeira Asemblea Aberta do BNG de Carnota. Non faltes!

O BNG comeza a desenvolver a súa xeira de Asembleas Abertas por todas as parroquias cunha xuntanza veciñal aberta que terá lugar o venres 17 de outubro, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Concello de Carnota, e á que están convidadas as veciñas e os veciños a por enriba da mesa todas as achegas, ideas, suxestións e críticas destinadas a facer de Carnota un lugar mellor e do BNG a ferramenta útil para transformar o pobo galego. Estas xuntanzas, que xa se veñen desenvolvendo por todo o País nas últimas semanas, pretenden chamar ao conxunto da sociedade a debatir construtivamente o papel do BNG no difícil contexto social e político actual, e perfilar as melloras e modificacións que precise o proxecto nacional encarnado no Bloque Nacionalista Galego para consolidar e refrescar o seu papel histórico de referente do pobo galego organizado na defensa dos dereitos nacionais e sociais da nosa Terra. Por suposto, a experiencia do goberno nacionalista no municipio tamén ocupará un lugar destac...

[SUSPENDIDO] O BNG de Carnota chama a pronunciarse polo fin da monarquía e impedir que os poderes fácticos decidan por nós

Evento suspendido ata novo aviso Por non termos recibido permiso de manifestación e pola presenza continua de Policía na zona desde as 10:00h con instrucións de identificar a todos os asistentes, suspendemos esta concentración ata novo aviso. Esta monarquía non merece un euro máis dos cidadáns. Este sábado 7 de xuño ás 13:00h ante a Casa do Concello , o nacionalismo carnotán chama a todas as veciñas e veciños a participar nunha concentración que continúe no plano máis próximo á nosa veciñanza coa axitación social iniciada o pasado luns coa renuncia do xefe de estado e máximo representante da coroa monárquica, Juan Carlos, data en que as potentes maquinarias dos poderes fácticos do sistema e os medios de comunicación comezaron a traballar arreo para garantir un traspaso de poderes discreto e incuestionado ao seu terceiro fillo, Felipe, por ser o varón da casa. O BNG lamenta que o PP e o PSOE correran a pechar filas en torno á sucesión, perpetuando asi o modelo profundamente antidemo...