Saltar ao contido principal

Mulleres: o motor deste País! Sábado 12 en Lira, acto público polo Día Internacional da Muller Traballadora!

Esta semana celebramos o Día Internacional das Mulleres, que ten lugar no medio dunha importante ofensiva regresiva en canto ás políticas de igualdade imprescindíbeis para avanzar cara a unha sociedade máis democrática, que artelle medidas que atendan ás demandas das mulleres e loiten contra a discriminación de xénero.

Un bo exemplo desta política regresiva de recortes é a eliminación das axudas ás mariscadoras e tamén das axudas para as mulleres que sofren violencia de xénero. Unhas decisións que, baixo a excusa dos axustes debidos á crise, agravan a situación das mulleres galegas e sobre todo no rural.

Tampouco en Carnota somos alleos ás consecuencias dunhas políticas equivocadas para afrontar os problemas das mulleres. Todo o paquete de medidas sociais postas en marcha polo anterior goberno municipal, impulsadas pola concelleira do BNG Merche Díaz, foron suprimidas en canto o PP accedeu ao goberno: Asistencia a domicilio, cursos de alfabetización, idiomas ou informática, asi como actividades formativas, de lecer e sensibilización dedicadas en exclusiva aos colectivos feminino, da terceira idade ou diabéticos, só por poñer uns exemplos, desapareceron da axenda do goberno municipal, máis partidario das iniciativas de bombo e pandereta que daquelas que poden supoñer unha axuda real aos sectores da nosa sociedade máis desatendidos.

Para dar a coñecer a perspectiva e as problemáticas das mulleres traballadoras na Costa da Morte, Galiza Nova está a preparar unha interesante xornada que se vai desenvolver o próximo sábado en Lira baixo o título "As mulleres traballadoras na Costa da Morte", coa seguinte axenda:
ACTO PÚBLICO: A MULLER TRABALLADORA NA COSTA DA MORTE
Sábado 12 de marzo a partir das 19:00h no Bar Pedra Pas (Lira)

Presentan:
  • Zaira Trillo. Responsábel de Mulleres Galiza Nova Costa da Morte
  • Belén Campos. Responsábel local do BNG de Carnota
Intervirán:
  • Merche Díaz. Concelleira e ex responsábel de servizos sociais, familia e muller do Concello de Carnota
  • Pepita Fernández. Mariscadora
  • Rosa Pedrosa. Moza empresaria
  • Iria Aboi. Secretaria Xeral de Galiza Nova
Ao remate haberá uns pinchos. Non faltedes!
(Aqui podedes confirmar a asistencia en Facebook)

Comentarios

  1. La mujer, el motor de este pais, quizas sea la verdad. Pero el BNG y todos los politicos, abusan de ese motor, discriminan y menosprecian, mucho hablar por hablar, al final todo se queda en nada.

    ResponderEliminar
  2. Só desexaría que estiveras nos actos de Lira ou Fisterra, onde do que se tratou foi de escoitar as mulleres traballadoras contando a súa experiencia,entre eles unha mariscadora de 63 anos que vaite a saber a quen raios vota se é que vota, que ninguén llo preguntou.
    Supoño que para ti eso e o feito de que Galiza Nova sexa a única organización da Costa da Morte (xunto con Buserana) que se acordou das mulleres o Día das Mulleres, e ademais por duplicado, non ten importancia, pero ese é un problema aparte.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...