Saltar ao contido principal

A campaña de represión política do alcalde de Carnota alcanza agora a concelleiros do BNG

Despois de ameazar, expedientar e mesmo despedir a varios traballadores do Concello de Carnota ao longo deste mandato por causa da súa implicación política, o alcalde de Carnota decidiu emprendela agora cun concelleiro e membro do BNG, Euloxio Franco Barba, mediante unha absurda carta de ameaza que damos a coñecer á veciñanza, asi como a contestación que lle mereceu o escrito ao afectado.

Escrito de José Oreiro

Resposta de Euloxio Franco

As mostras de indignación entre os veciños de Euloxio Franco non se fixeron esperar; a inmensa maioría deles xa expresaron a súa solidariedade co noso compañeiro e mesmo a súa disposición a testificar no seu favor onde sexa preciso para negar as ridículas acusacións do señor Oreiro. Ademais, na noite do venres apareceron varias pintadas anónimas no centro de Carnota esixindo a "fin da persecución política a Euloxio". Por outra parte, moitos centos de copias do escrito ameazante asinado por José Oreiro e da correspondente resposta foron distribuidas por todas as parroquias do noso concello.

O BNG de Carnota vese obrigado nunha nova ocasión (e que de seguro non será a última) a esixirlle ao señor alcalde e ao goberno do PP de Carnota que cesen de inmediato co acoso aos veciños por mor da súa militancia ou simple simpatía política, e que se ocupen dunha vez das cousas que realmente inquedan aos veciños, como a caída demográfica, o desemprego, a situación desastrosa na que se atopan as nosas infraestructuras, e por suposto a ineficacia e parálise do actual goberno para responder ás problemáticas veciñais, pois ata agora non estiveron á altura dese reto.

Comentarios

  1. Os jaliñeiros que coñese Oreiro deben de cheirar a rosas...este home cada día sorpréndeme máis.
    Paréseme fatal o das pintadas, non da boa imaxe nin para Carnota nin para o bloque. (xa está ben de radicalismo)

    ResponderEliminar
  2. menudo elemento, ese tipo debe estar mui desquiciado para andar detrás do veciños con eses contos.
    por certo, anonimo numero 1, falei con euloxio econ mais xente do bng e non teñen nin idea de quen fixo esas pintadas, do que si xa está ben é de que o bng sea culpable de todo o q pasa en carnota (solo falta que lle culpen de roubar no jalpón, ai non que ese xa se sabe quen fui e mais ben caialle cerca a oreiro)

    ResponderEliminar
  3. Son o anónimo numero 1 e non considero que todo o que pase en Carnota sexa culpa do Bng, eu son do Bng. Pero o que está claro é que ninguén do pp vai facer unha pintada apoiando a Euloxio, nin ninguén do Psoe, penso eu. A parte desa pintada fixéronse bastantes máis con outros temas e non me gustan.

    ResponderEliminar
  4. Vaia pasiensia q ten que ter para aturar estas parvadas... moito animo a Euloxio e a sua familia, non estades solos!

    ResponderEliminar
  5. Amigo Euloxio tocouche, date conta de que tes barba, vivistes en Euskadi, adicaste a venda ambulante e tes galiñas, unha persoa normal, como o Sr. Oreiro, Marqués de Capelán e Alcalde de Carnota, pensaria que eres un ser moi estrano e do que hai que desconfiar, por non vencellarche xa directamente coas situacións cotiás de kale borroka que se están a dar todo o longo do Concello que fan deste pobo un lugar en permanente estado de guerra.
    Por unha convivencia normal sen bichos aos que lle molesten as galiñas, os mosquitos e persoaxes tan "perigosos" como o amigo Euloxio, e menos mal que tes o apelido do Caudillo, na primaveira que ven hai unha boa oportunidade de mandalo a m...., ao marquesado de Capelán.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón