Saltar ao contido principal

O PP asegura que a residencia de maiores de Carnota «non é prioritaria»

O goberno municipal de Carnota asegurou nun artigo publicado hoxe mesmo na prensa que a residencia de maiores prevista para Carnota polo anterior goberno municipal «non está entre as súas prioridades».

No artigo recoñécese que a proposta chegara de man do candidato nacionalista no contexto das pasadas eleccións municipais, e coa que o propio vicepresidente da Xunta Anxo Quintana amosara o seu firme compromiso, mais que tras os comicios e co cambio de goberno municipal o proceso quedou «estancado» pois o actual executivo decidiu que non entraba nos seus plans (que logo de 17 meses aínda estamos por saber cales son).

Aínda nos choca escoitar iso poucos meses despois de que o goberno municipal botara abaixo a Galescola contratada e puxera en tea de xuizo o Centro de Día xa en funcionamento co pretexto de que pretendía promover un «centro interxeneracional» (do que nunca máis soubemos) no que se agruparan os servizos sociais de Carnota, e nomeadamente gardería infantil, centro de día e a propia residencia.

Se ben a proposta de agrupar eses servizos parece tan inxustificada coma o feito de teren rexeitado xa proxectos reais coa excusa de buscarlle «un sitio mellor» -co enorme atraso que esa filosofía supón-, que agora digan que para eles eses servizos sociais non son importantes confírmanos que o problema non foi nunca da ubicación disposta nos proxectos orixinais, senón que o PP se nega a que Carnota dispoña deses servizos mentres esté no goberno. E punto.

De feito esta xa se converteu na tónica da lexislatura: O BNG a loitar por que Carnota siga avanzando en servizos sociais, calidade de vida, emprego... e o PP a desmantelar todo o que toca.

Comentarios

  1. o que faltaba.... dentro de 3 anos non van quedar nin as ascuas do que algun dia fui o Concello de Carnota. En só un ano volvemos a como estábamos hai 15. E o peor de todo é que aínda presumen das suas fechorías.

    ResponderEliminar
  2. Creo que Carnotxa da no clavo ca súa mensaxe: de momento o PP só nos trouxo ATRASO. Xa perdemos todas as oportunidades de situar a Carnota nun prazo razonable como un referente en servizos sociais e do que debe ser un concello ao servizo dos cidadáns. Os veciños pagan máis que nunca por que lle den menos servizos que nunca. Os únicos que saíron gañando co cambio son os do PP, e nin sequera os votantes ou afiliados, senón os dous ou tres individuos que encabezaron a lista e un par de favores que estamos pagando TODOS.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón