Saltar ao contido principal

Tomás vence claramente no debate radiofónico da SER

Hoxe, entre as 11:30 e as 14:00 horas, tivo lugar na emisora comarcal Radio Nordés (Cadena SER) o debate político entre os tres novos candidatos á alcaldía de Carnota.
A orde de intervencións estaba distribuída do seguinte xeito: primeiro o candidato do PSOE, Manuel Noceda, logo o candidato do Partido Popular, José Domingo Cipriano Oreiro, e por último o candidato do BNG á alcaldía de Carnota, Tomás Freire. Sen embargo esa orde viuse alterada en numerosas ocasións por mor dos turnos de réplica por alusións subscitados polo xefe da oposición carnotana José Oreiro polas súas intervencións centradas unicamente na crítica constante a labor efectuada pola coalición de goberno BNG-PSOE nestes últimos 8 anos.

De feito, se algo deixou claro José Oreiro durante o debate foi que non contaba en absoluto cun programa de propostas para Carnota, o que tamén explica a súa descarada estratexia de tentar ancorar o debate en todo momento na crítica desaforada aos proxectos e programas dos que si dispoñen BNG e PSOE. Mesmo en varios casos preferiu dedicar o breve tempo do que dispuña cada candidato en recitar literalmente parágrafos desta páxina web, en lugar de falar dos proxectos que debería ter o seu partido para mellorar as condicións de vida dos veciños de Carnota. A situación chegou ao absurdo extremo de tentar adxudicarse os méritos de boa parte das actuacións que o noso goberno municipal efectuou durante os últimos oito anos, a pesar de, durante os seus catro primeiros anos na oposición, votar sistematicamente en contra da práctica totalidade delas e durante os últimos catro anos ausentarse da inmensa maioría dos plenos municipais.

Pola súa parte, tanto o noso candidato Tomás Freire como o candidato do socio de goberno Manuel Noceda tentaron non caer nas provocacións do xefe da oposición para levar o debate aos proxectos de futuro para o noso concello e que, ao fin e ao cabo, era o que estaban convocados a debater. Aínda así, o moderador tivo que intervir en varias ocasións para que o ritmo do debate fose fluído e centrado nas propostas reais dos tres partidos. Como dixemos, Oreiro deixou en manifesto a carencia de programa da súa formación, centrándose en criticar o dos outros. Noceda preferiu centrarse en maior medida nos proxectos realizados durante a etapa anterior. Nese terreo, foi Tomás o que se moveu con maior autoridade grazas ao amplo paquete de propostas novas para Carnota que artellou o BNG, e en torno á consigna de que "nós sabemos renovarnos".

Por outra parte, durante unha lamentábel intervención José Oreiro cometeu o erro de tentar extender a súa crítica ás finanzas municipais, situación á que Tomás Freire (economista) respostou doadamente e coa solidez dos argumentos que proporcionan os seus amplos coñecementos do tema e un balanzo económico histórico para o noso concello e moi superior a todos os da redonda, e desde logo exponencialmente mellores que a situación de práctica ruina económica que o PP deixou ao abandonar a alcaldía de Carnota no ano 1999, endebedado e sen ningunha capacidade de obter sequera pequenos créditos bancarios. Sen embargo, se ben esa foi a situación que se atoparon ao acceder ao goberno o BNG e Tomás Freire (daquela novo concelleiro de Facenda), hoxe en día o noso concello multiplicou a súa capacidade inversora, saldou a lamentábel situación deficitaria herdada do goberno anterior e mesmo está a ser posto polo Consello de Contas de Galiza como exemplo de eficaz xestión económica municipal.

Esta parte do debate, que mesmo desembocou en rectificacións dun Oreiro moi nervioso polo erro cometido, pareceu desequilibrar definitivamente a balanza do debate na súa contra, e así o reflexou a audiencia do programa cos seus votos por SMS que definiron claramente como gañador do debate ao noso candidato Tomás Freire, seguido por José Oreiro e por último Manuel Noceda.

No turno que pecharía do debate, o desequilibrio de proxectos entre as tres forzas quedou patente unha vez máis, cun Oreiro pedindo o voto apelando "á confianza" (outra vez sen dicir en que), un Manolo Noceda solicitando o voto para a estabilidade municipal que vivimos nos tempos recentes e, pechando o interesante debate, un Tomás Freire expoñendo contra reloxio os proxectos fundamentais que marcarán a labor de goberno do BNG en caso de renovar este domingo nas urnas o apoio dos seus veciños.

Comentarios

  1. moi ben tomás, noraboa...ainda sendo unha aférrima socialista douche a miña noraboa por pararlle ós pés a oreiro, a pena é que non puden oir o debate, xa que aquí en lariño non se sintoniza radio nordés, unha mágoa, porque noceda tería moitismos máis votos, (ainda que a diferencia de votos non fose de 12 entre o primeiro e o último según oín). bueno tomás, ánimo. sorte o domingo, un goberno de esquerdas é o mellor para Carnota. A DEREITA FORA XA!!!

    ResponderEliminar
  2. QUE RASTRERO PEPE OREIRO, TENLLE QUE CAER A CARA DE VERGOÑA POLA SÚA HUMILLANTE ACTUACIÓN NO DEBATE...NOCEDA E FREIRE DERONLLE UNHA GRAN CLASE DE SABER ESTAR E DE ELEGANCIA...A POR ÉL...COMEDEO VIVO

    ResponderEliminar
  3. Noraboa Tomás, xa che falta menos para ser o noso novo alcalde.
    Noceda tamén estuvo bastante ben, creo que é inxusto que quedara por debaixo de Oreiro.
    Oreiro, vai a que che aturen en Madrid, que xa tivestes catro anos de alcalde, dous no parlamento galego e outros dous no parlamento español e xa demostrastes as cousas que eres capaz de facerlles aos teus veciños. Fóra.

    ResponderEliminar
  4. Parece que Tomás so gañou na radio. A culpa non e del, que parece bo rapaz, a culpa tena Manolo que lle deixou a herdanza o último día.
    Un partido non se pode pasar 4 anos rascando a barriga e logo querer gobernar.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón