Saltar ao contido principal

Publicacións

Carnota votou cambio liderado polo BNG

1 de cada tres veciñ@s elixiu a papeleta do BNG A veciñanza de Carnota apoiou o domingo un cambio na presidencia da Xunta liderado por Ana Pontón e o BNG. O panorama que deixan as urnas este 12X debuxa un panorama radicalmente diferente ao rexistrado nas últimas citas electorais e sobre todo nas eleccións municipais celebradas hai tan só un ano; o PSOE, que se alzou daquela coma forza máis votada, cae á terceira praza, mentras que o BNG volveu a ser segunda forza, tras incrementar un 51,6% o número de apoios con respecto ás anteriores eleccións autonómicas. O PP volveu a ser primeira forza nunhas autonómicas no noso Concello, malia ceder un 3,72% de apoios. A Asemblea Local do BNG agradece a toda a veciñanza que creron no proxecto de cambio galego liderado por Ana Pontón, e comprometémonos a representar dignamente a todas e cada unha desas persoas desde a lideranza da oposición ao PP que nos encomendou o pobo galego.

O BNG Carnota, no día do Orgullo LGTBi

Grazas á loita incansábel do movemento LGBT organizado, hai xa 20 anos que a Organización Mundial da Saúde (OMS) finalmente eliminou a homosexualidade da súa Clasificación Internacional de Doenzas (ICD) onde fora como catalogada como trastorno psicolóxico que lexitimaba a denominada pseudoterapia de ‘reorientación sexual’, que atenta contra a dignidade humana e os dereitos humanos básicos e que lamentabelmente perdura aínda hoxe. Pois, a pesar das innegábeis mellorías desde entón, a realidade para o colectivo non mudou substancialmente ao redor do mundo e as persoas LGBT seguen a padecer discriminacións pola súa orientación sexual e/ou identidade de xénero. Nen debemos esquecer que a patoloxización é unha realidade con que lidan as persoas trans todos os días no noso País, sendo totalmente inútil a actual lexislación galego ( Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia). No contexto...

Concentración polo orgullo LGBTi en Carnota

O vindeiro domingo 28 de xuño, ás 12:00 horas na praza das palmeiras de Carnota (ao lado da caseta de turismo), a veciñanza está chamada a participar nunha concentración polo orgullo LGBTi. Despregarase unha bandeira e lerase un manifesto. Participa en defensa das liberdades sexuais!

Feijóo usa o noso concello de imaxe promocional tras un mandato en branco para o noso municipio

En todo o seu mandato non se acordou do noso Concello para facer un só investimento: nin declarou o Monte Pindo Parque Natural , nin autorizou a ecoconcentración parcelaria, e aínda nos quitou o Centro de Día . Iso si, na foto desde a Torre dos Mouros recuperada mediante o voluntariado coordinado polo goberno de Moncho Noceda sen un só euro de axuda da Xunta , quedamos estupendos. Afortunadamente a partir do 12 de xullo o peor goberno que tivo Galiza será historia, e comezará unha nova etapa con Ana Pontón como primeira presidenta galega.

Tras Carnota, o goberno local devasta o medio en Lamas de Castelo

  A veciñanza puxo novamente o grito no ceo por un novo andazo na escalada arboricida do PSOE de Carnota, quen desde que se fixo co goberno local en maio do ano pasado non para de arrasar os distintos espazos naturais de titularidade municipal do noso concello. Esta vez a devastación aconteceu en Lamas de Castelo, o que non só enfadou moito á veciñanza de Pedrafigueira senón de todo o Concello, pois alí radícanse boa parte dos servizos públicos municipais coma instituto e escola infantil. Unha empresa arrasou o fermoso piñeiro que abrigaba este espazo público, o mesmo que pasou co espazo verde sito entre o Colexio Público e o Centro Médico de Carnota, poucas semanas atrás . O BNG de Carnota pedirá explicacións ao goberno local por esta estratexia arboricida, para averiguar que cal é o obxectivo que pretende arrasando os bosques que existen desde hai décadas ou séculos no noso Concello, e quen se está a beneficiar desta destrución sistematica do noso medio natural. Ver album d...

Unha praga de cascudas amarga a vida da veciñanza de Lariño

Foto: La Voz de Galicia Unha praga de cascudas ten en xaque desde hai uns meses á veciñanza de Lariño, o que os levou a denunciar ante o Concello a súa situación. Este contratou unha empresa especializada en fumigacións, e logo  anunciou na prensa que a praga fora «controlada» . Porén en realidade as medidas non parecen estar sendo efectivas, pois o foco, especialmente activo de noite (de día non se ven), non para de medrar, como se pode ver no video que acompaña esta entrada, obtido esta mesma semana por un veciño. O alcalde díxolles que «hai que ter paciencia» e que a solución «vai tardar 6 meses». Mais a explicación non tranquiliza en absoluto ás persoas afectadas, que se puxeron en contacto co BNG para pedir axuda e apoio ante unha situación que xa chegou ata o punto de que os insectos comezan a infiltrarse nas vivendas dos residentes de varias zonas de Lariño. A veciñanza relatounos con impotencia que algunhas persoas, sobre todo maiores, están afacéndose a convivi...

O PSOE bloquea o proxecto que xestionara o BNG para o entorno do Faro de Lariño, e empeora moitos outros

Á dereita, o espazo que vai ser enteiramente restaurado e integrado no entorno do Faro, cando o PSOE o permita O BNG de Carnota denuncia a demora absolutamente inxustificada do proxecto xestionado polo anterior goberno local para recuperar medioambientalmente e poñer en valor o Faro de Lariño , que xa debería ser unha realidade despois de décadas de abandono dun espazo paisaxístico privilexiado. O proxecto tramitado polo anterior executivo de Moncho Noceda contempla a demolición das barreiras visuais do antigo campo de fútbol, que leva décadas en desuso, para dar paso a un proxecto de reintegración paisaxística deste espazo no seu privilexiado entorno natural de Punta Insua, dotándoo de instalacións deportivas, lecer e delimitando ademais un espazo para dar solución a unha vella demanda: unha zona para o estacionamento de autocaravanas. As obras estaban a piques de iniciarse, mais o cambio de goberno que se produciu en Carnota en maio do ano pasado, cando o goberno pasou do BNG a...