En todo o seu mandato non se acordou do noso Concello para facer un só investimento: nin declarou o Monte Pindo Parque Natural, nin autorizou a ecoconcentración parcelaria, e aínda nos quitou o Centro de Día. Iso si, na foto desde a Torre dos Mouros recuperada mediante o voluntariado coordinado polo goberno de Moncho Noceda sen un só euro de axuda da Xunta, quedamos estupendos.
Afortunadamente a partir do 12 de xullo o peor goberno que tivo Galiza será historia, e comezará unha nova etapa con Ana Pontón como primeira presidenta galega.

Comentarios
Publicar un comentario