Saltar ao contido principal

O PSOE bloquea o proxecto que xestionara o BNG para o entorno do Faro de Lariño, e empeora moitos outros

Á dereita, o espazo que vai ser enteiramente restaurado e integrado no entorno do Faro, cando o PSOE o permita
O BNG de Carnota denuncia a demora absolutamente inxustificada do proxecto xestionado polo anterior goberno local para recuperar medioambientalmente e poñer en valor o Faro de Lariño, que xa debería ser unha realidade despois de décadas de abandono dun espazo paisaxístico privilexiado.

O proxecto tramitado polo anterior executivo de Moncho Noceda contempla a demolición das barreiras visuais do antigo campo de fútbol, que leva décadas en desuso, para dar paso a un proxecto de reintegración paisaxística deste espazo no seu privilexiado entorno natural de Punta Insua, dotándoo de instalacións deportivas, lecer e delimitando ademais un espazo para dar solución a unha vella demanda: unha zona para o estacionamento de autocaravanas. As obras estaban a piques de iniciarse, mais o cambio de goberno que se produciu en Carnota en maio do ano pasado, cando o goberno pasou do BNG ao PSOE, truncouno de raíz.

É importante recalcar que este proxecto foi aprobado por unanimidade do Pleno (BNG, PP e PSOE), que foi consensuado coa veciñanza de Lariño en asambleas veciñais e que ata se deixou xa aprobada a partida orzamentaria, polo que BNG de Carnota esixe ao goberno local que deixe de demorar esta iniciativa e permita que arranquen dunha vez as obras, para que se salde dunha vez a débeda histórica que ten o Concello de Carnota co pobo de Lariño, que leva décadas sen poder sentirse orgulloso dun dos seus máis fermosos e virxes espazos naturais.

Pola parte positiva, onte mesmo o Consello de Ministros levantou a prohibición para usar o faro de Lariño como aloxamento turístico, dando por fin a razón á prolongada loita da veciñanza de Lariño, que lanzaran a campaña Salvemos o Faro pola posta en valor do seu principal símbolo de xeito que se convirta nun motor para o entorno. O noso parabén a todas as persoas que contribuíron a esta vitoria.

Non fan, e paralizan ou empeoran o que fixemos outros antes

O PSOE apela ao «aforro», pero non o demostra, para xustificar o cambio arbitrario de calidades e de materiais
Non é a primeira vez que o novo goberno local paraliza ou mesmo empeora cos seus cambios arbitrarios un proxecto xa deseñado, financiado e aprobado polo executivo anterior, como acaba de pasar co proxecto da Rúa de Lira, no que substituíron a pedra orixinal por outra moitísimo menos integrada no entorno e nin sequera renovaron o firme antigo, tal e como estaba no proxecto.

O mesmo acontece cos proxectos de renovación das vías de Mallou e na Capela do Pindo, onde o PSOE tamén fixo cambios con respecto aos proxectos orixinais do gobrno anterior aprobados por unanimidade no Pleno e consensuados no seu día co pobo, e que non agradaron para nada á veciñanza.

En todos os casos o PSOE apela ao suposto «aforro» que lle supón cambiar os materiais orixinais a outros máis cativeiros, mais o BNG dubida que sexa asi e mesmo sospeita que nalgúns casos en realidade a modificación acabou encarecendo o proxecto.

Un goberno inimigo da natureza?

Aspecto de devastación que presenta hoxe o espazo verde a carón do Colexio de Carnota
O executivo local arrasou a arboreda que protexía e abrigaba o espazo verde de titularidade municipal entre o Colexio Público e o Centro Médico de Carnota, quen fora obxecto dunha actuación de posta en valor polo anterior executivo local. Con estas palabras o conta o profesor xubilado Manolo Souto: «Hoxe fun ao concello e contemplei un panorama desolador. As árbores prantadas polos meus alumnos e alumnas fai quince anos aproximadamente foron aniquiladas polas mans de xentes sen sensibilidade algunha. Que mágoa!».

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón