Grazas á loita incansábel do movemento LGBT organizado, hai xa 20 anos que a Organización Mundial da Saúde (OMS) finalmente eliminou a homosexualidade da súa Clasificación Internacional de Doenzas (ICD) onde fora como catalogada como trastorno psicolóxico que lexitimaba a denominada pseudoterapia de ‘reorientación sexual’, que atenta contra a dignidade humana e os dereitos humanos básicos e que lamentabelmente perdura aínda hoxe. Pois, a pesar das innegábeis mellorías desde entón, a realidade para o colectivo non mudou substancialmente ao redor do mundo e as persoas LGBT seguen a padecer discriminacións pola súa orientación sexual e/ou identidade de xénero. Nen debemos esquecer que a patoloxización é unha realidade con que lidan as persoas trans todos os días no noso País, sendo totalmente inútil a actual lexislación galego ( Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia). No contexto...