Saltar ao contido principal

Publicacións

O PSOE pretende devolver o Concello á senda do dispendio en soldos políticos

Incremento dos soldos políticos, que no caso do alcalde alcanzarían o tope legal O novo goberno suspendiu o pleno desta tarde no que pretendía aprobar unhas retribucións disparatadas, tras advertirlle o BNG que non fora debidamente convocado A polémica non se fixo agardar, e o presaxio que xa anticiparon na prensa practicamente o día despois das eleccións evidenciouse tamén no primeiro día do novo goberno local, cuxa proposta de retribucións significa que o PSOE dispara un 31,7% os gastos políticos do Concello de Carnota , ou iso pretenden, antes de ter sequera tempo material de coñecer a súa situación económica. De prosperar a proposta socialista, os arredor de 31 mil euros de salario percibidos por Moncho Noceda no seu último ano incrementaríanse ata os 41.416 euros que pretende cobrar o novo rexedor Juan M. Saborido, quen busca asi incrementar o seu soldo en total un 33,6%, ata alcanzar o máximo legal permitido . Por outra parte o PSOE pretende remunerar con outros 16.800...

Comunicado do BNG de Carnota

Pili Tubío, Manolo Souto e Belén Campos A Asemblea Local do BNG de Carnota, reunida esta tarde para decidir a posición ante a sesión de investidura que terá lugar mañá, 14 de xuño, ás 12:30 horas no Concello de Carnota, COMUNICA : Nas semanas transcorridas desde a xornada electoral do 26 de maio non existiu ningún contacto firme por parte do PSOE máis aló dunha chamada telefónica na que se constata o seu absoluto desinterese en acadar ningún acordo co BNG. Si tivo lugar un contacto co PP, a solicitude deste, sen ningún tipo de acordo. Nestas circunstancias o BNG de Carnota presentará e apoiará a súa propia candidatura, na persoa de Belén Campos, quen exercerá a portavocía do noso grupo municipal, que estará integrado tamén por Manolo Souto e Pilar Tubío. O anterior acordo comunicarase publicamente para o coñecemento de toda a veciñanza de Carnota. Asinado en Carnota, a 14 de xuño de 2019

Condean a 2 anos de cadea ao militante do PSOE que agrediu brutalmente ao alcalde Moncho Noceda

O agresor presentou un recurso asinado polo mesmo avogado que defendeu aos furtivos que se enfrontaron con Manuel de Talelo O mozo que en 2017 agrediu brutalmente ao alcalde de Carnota Ramón Noceda acaba de ser condeado a 2 anos de cadea, a aboar as costas xudiciais e a aboarlle a Moncho un total de 9.310€ polos danos ocasionados, dos que precisou de case un mes para curarse. O ataque sucedeu nun coñecido local de hostalería de Mar de Lira na madrugada do 15 de agosto de 2017. Moncho atopábase sentado na terraza do local xunto con varios veciños cando D.G.B., coñecido militante do PSOE e secretario das Xuventudes Socialistas de Carnota, pegoulle un puñetazo a traizón no lado esquerdo da cara que tumbou a súa cadeira para atrás, golpeándose tamén fortemente a cabeza coa caída; esta agresión provocoulle unha "contusión no ollo esquerdo e zona parieto occipital dereita", que fixo necesaria a intervención das urxencias sanitarias e 29 días de tratamento para se recuperar da...

Milucho Louro deixa a política activa

Milucho Louro, candidato do BNG á alcaldía de Carnota, comunicoulle á Asemblea Local da nosa organización a súa decisión de poñer punto e final á súa carreira política; deste xeito, na sesión de investidura do vindeiro día 15 de xuño non tomará xa posesión da acta de concelleiro obtida nas eleccións municipais do pasado 26 de maio. Esta decisión chega despois dun meditado proceso de reflexión persoal e familiar iniciado tras os acontecementos vividos a noite das eleccións, cun ataque ao seu fogar que poñía o colofón a moitos meses de campaña de acoso e derribo a título persoal e familiar, desenvolvida por activos do PSOE carnotán. Este ensañamento brutal iniciado desde o mesmo momento en que se fixo pública a proclamación de Emilio Louro coma candidato do BNG causou gravísimos problemas non só a Milucho senón á súa familia e os seus fillos, que están destrozados polo acoso, e que desencadearon a súa decisión de antepoñer o benestar e a tranquilidade dos seus seres queridos antes...

O BNG denuncia o ataque ao fogar de Milucho Louro na noite electoral

O BNG de Carnota condena un incidente que empaña definitivamente o proceso electoral Pouco antes da media noite, ao pouco de chegar ao seu fogar familiar en Lariño, a familia do noso candidato á alcaldía, Emilio Louro, unha vez finalizada a xornada electoral, percibiu rebumbio e movementos estranos nas proximidades do seu domicilio, que alertaron aos cans do entorno. Nese intre unha ou varias persoas rociaron a casa de Milucho con algún produto químico que desprendía un intensísimo cheiro desagradábel, e logrando dalgún xeito infiltralo tamén na vivenda, de maneira que aos poucos minutos era practicamente imposíbel permanecer no seu interior polo cheiro insoportábel que se prolongaría durante varias horas. Foi o aínda alcalde Moncho Noceda quen alertou á Policía Local, que se achegou de inmediato á zona, redactou un informe e chamou á súa vez á Garda Civil, que xa está a investigar o incidente asi coma se os seus autores lograran acceder dalgún xeito ao interior da propiedade. In...

Graciñas pero non puido ser: O BNG de Carnota pasará á oposición os vindeiros 4 anos

O BNG de Carnota vén de sufrir unha derrota nas eleccións municipais, tras ceder 3 dos seus 6 escanos actuais, os mesmos que medrou o PSOE, gañador da cita coas urnas nunha xornada electoral cunha participación que rondou o 70%, lixeiramente superior á rexistrada hai 4 anos. En canto aos resultados por mesa, que podedes ver no cadro, o BNG gañou en dúas urnas (Lariño e Caldebarcos), mentras que en San Mamede fomos segunda forza a só 6 votos do PP, que tamén gañou en Carnota, mentras que o PSOE gañou no Pindo e en Lira, que resultou ser a mesa que lle valiu a vitoria. Felicitamos ao PSOE de Carnota, e ao seu candidato Juan Manuel Saborido Rama, Moma, polos resultados. En canto ao BNG de Carnota, tomamos nota da mensaxe dura pero clara da nosa veciñanza: o povo é quem mais ordena , e ordenou que o BNG pase á oposición os vindeiros catro anos. Agora será tempo de analisar erros e acertos, e poñerse desde xa a traballar para desenvolver unha oposición activa e constructiva que siga ...

Para facer de Carnota un lugar para vivir... vota BNG!

Pequeno fotoresumo dos actos e iniciativas da campaña do BNG Co cheo absoluto rexistrado hoxe no acto de peche de campaña de Lira, concluíu a campaña política do BNG para facer de Carnota un lugar para vivir , poñendo o colofón a uns duros meses de traballo moi intenso, que empezou practicamente no mesmo momento da elección unánime de Milucho Louro coma o novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota , en agosto. A partir de aí, no BNG comezou unha ilusionante misión colectiva con tres obxectivos principais: dar a coñecer ao flamante candidato , confeccionar unha excelente candidatura , e iniciar un proxecto político transformador para o noso Concello, que continúe facendo gala da honestidade, humildade e transparencia que caracterizou ao executivo de Moncho Noceda estes 8 anos. Para isto desenvolvemos unha intensisima campaña iniciada en xaneiro, e entre os actos de presentación do candidato e da candidatura completa (nos que nos acompañaron Ana Pontón e Ana Miranda) celebramos...