Saltar ao contido principal

Publicacións

Presentamos o Programa de Goberno 2019-2023 que fará de Carnota un lugar para vivir

O BNG de Carnota presenta o proxecto que aspira a converterse, co apoio masivo da veciñanza o 26 de maio, no Programa de Goberno que transformará Carnota entre os anos 2019 e 2023. Este documento non está inzado de ocurrencias nin de obras faraónicas que hipotequen durante décadas o futuro de Carnota; sen embargo este documento si está inzado da creatividade da nosa veciñanza, que en case 20 actos e reunións (presenciais e mesmo online) con toda a nosa veciñanza e cos axentes sociais, ás que asistiron preto de 500 persoas, que nos fixeron saber en primeira persoa cales son as súas dúbidas, preocupacións e esperanzas. A eles corresponde enteiramente a autoría deste documento que asumimos, desde xa, como folla de ruta para facer de Carnota un lugar para vivir, ao que convidamos tamén toda a veciñanza que queira un futuro mellor para este Concello, pois aínda que todos sabemos que Carnota é un dos Concellos máis fermosos da costa galega, o máis valioso que ten Carnota son as súas pe...

Arrinca a campaña na que Milucho Louro e o seu equipo traballarán para revalidar o goberno de Carnota

Esta medianoite comezou oficialmente a campaña electoral, onde malia a choiva persistente o equipo de BNG de Carnota saiu á rúa para a tradicional pegada de cartaces nos paneis electorais que o Concello dispuxo a tal efecto. Será unha campaña ilusionante e moi completa, estreitamente en contacto co pobo que é quen máis ordena, para o que convocamos  actos públicos en practicamente todos o lugares do municipio , comezando mañá mesmo ás 19h en Quilmas e ás 20h en Panchés , e rematando cun gran acto de peche de campaña o venres 24 de maio , último día de campaña, en Lira. A estes sumaranse outras iniciativas moi interesantes coma un debate radiofónico na Radio Nordés, o vindeiro 21 de maio. Esta entrada en campaña non vén senón a continuar co ritmo intensísimo que xa tivera a precampaña do BNG, na que desenvolviu un total de 14 actos presenciais , unha asemblea online coa Carnota emigrada , ademais dos multitudinarios actos de presentación do novo candidato Milucho Louro  ...

Axenda de actos de campaña do BNG de Carnota

  Para que vaiades reservando datas na axenda, publicamos a axenda de actos da campaña do BNG de Carnota nas Eleccións Municipais do 26 de maio que se inicia esta medianoite. Venres 10 de maio 19:00 h. Acto público de apertura de campaña en Quilmas , dirixido á veciñanza de Quilmas e A Curra 20:00 h. Acto público en Panchés Sábado 11 de maio 18:30 h. Acto público no Viso 20:00 h. Acto público en Caldebarcos Domingo 12 de maio 19:00 h. Acto público en Carnota 20:30 h. Acto público en Pedrafigueira Venres 17 de maio 19:00 h. Acto público na Montaña 20:30 h. Acto público en Cornido Sábado 18 de maio 18:30 h. Acto público en Canedo 20:00 h. Acto público en Louredo Domingo 19 de maio 18:30 h. Acto público en Lariño 20:00 h. Acto público en Mallou , dirixido á veciñanza de Mallou e Maceiras Martes 21 de maio 12:20-14:00 h. Debate radiofónico en Radio Nordés Xoves 23 de maio 20:00 h. Acto público no Pindo Venres 24 de maio 20:00 h. Acto público de peche de campaña en Lira ...

O BNG denuncia a campaña suxa que desenvolven militantes do PSOE contra o noso candidato

Unha situación límite que chega ao extremo de asediar a persoas que apoian publicamente ao BNG O BNG de Carnota vese na obriga de facer un alto na por outra parte ilusionante carreira para levar a Milucho Louro e o seu equipo ao goberno de Carnota, e desgrazadamente por causa das accións de persoas que participan da vida política do noso municipio. A razón non é outra que a campaña suxa que desde hai varios meses están a desenvolver persoas de significada pertenza ao PSOE de Carnota , baseada en divulgar mentiras e falsidades sobre a saída de Milucho Louro do que foi o seu centro de traballo durante 26 anos, a Confraría de Pescadores de Lira, episodio sobre o que ata agora o novo alcaldábel decidira non pronunciarse publicamente. Durante os meses conseguintes á proclamación de Milucho Louro como novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota , estas persoas comezaron a divulgar publicamente en calquera foro (mesmo bares e tabernas) unha versión absolutamente deformada de como se tería p...

Facer de Carnota un lugar para vivir

O BNG de Carnota lanza un video que resume o proxecto de Milucho Louro e o seu equipo que, co teu apoio o 26 de maio, traballarán para facer de Carnota un lugar para vivir.

Comeza a singladura para levar a Milucho Louro á alcaldía e a Ana Miranda a Europa

A veciñanza acolliu onte a posta de longo do equipo do candidato que buscará revalidar a alcaldía de Carnota, Milucho Louro , e da persoa que buscará seguir sendo a valedora dos intereses galegos no Parlamento Europeo, Ana Miranda . Os dous procesos electorais votaranse simultaneamente o vindeiro 26 de maio . Nun restaurante Doña Teresa cheo ata o límite do seu aforo, transcurriu unha Cea-presentación conducida polo actor César Cambeiro, quen dou paso primeiro a Ana Miranda, candidata do BNG ao Parlamento Europeo que xa foi todos estes anos a única persoa que trasladou os problemas do tecido social e dos sectores produtivos a Europa, como vén de facer hai só unhas semanas convidando a unha representación da pesca de baixura na que participou o propio Milucho Louro e outros representantes do sector do noso Concello. Ana é a persoa máis idónea e preparada para levar a voz do noso pobo a Bruxelas, e asi llo recoñecen mesmo os seus rivais. Ana Miranda, candidata do BNG ao Parlamen...

A mocidade organiza o primeiro debate electoral en Carnota

O Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia , organismo de participación xuvenil posto en marcha durante esta lexislatura para darlle voz e capacidade de decisión ao maior tesouro que ten Carnota, que é a mocidade, dou boa mostra do seu dinamismo ao organizar o pasado martes o I Foro de debate da Infancia e da Adolescencia . Unha das actividades deste foro foi un debate cos novos candidatos á alcaldía de Carnota, para coñecelos e plantexarlles propostas e preguntas xurdidas durante o obradoiro celebrado con anterioridade. Só Milucho Louro, o novo candidato do BNG, atendeu o convite, mentras que PP e PSOE mandaron aos segundos da súa lista. En canto ao contido do debate, Milucho salientou as oportunidades que para a mocidade brinda o Proxecto Carnota Amiga da Infancia e o I Plan Municipal de Infancia e de Adolescencia (2018 – 2021) , que prevé non só o estabelecemento dun conxunto de mecanismos dinamizadores para unha participación xuvenil real e activa, e tamén que esta s...