O goberno municipal solidarízase coas vítimas dun peche motivado polo dumping de INDITEX, e apoiará a continuidade da iniciativa O drama do desmantelamento do sector da confección téxtil galega cóbrase unha nova vítima no noso territorio: a cooperativa de Lamas de Castelo acaba de pechar as súas portas deixando na rúa as súas 5 socias e 20 empregadas. Esta era xa a última iniciativa destas características que seguía operando no noso Concello, polo que se consuma o desmantelamento total dun sector que empregou durante anos a ducias de mulleres e que agora en boa parte se ven excluídas do mundo do traballo. O peche obedece ao cambio de criterios de INDITEX, empresa para a que subministraban a forza do seu traballo, en canto á diminución do prezo que o xigante téxtil lles aboa por cada prenda confeccionada. A merma é tal que pode considerarse un auténtico dumping , tan grave e repentino que literalmente as socias da cooperativa tiveron que tomar a decisión de pechar a porta por non...