Saltar ao contido principal

Publicacións

Pecha a última cooperativa téxtil de Carnota deixando na rúa 25 veciñas

O goberno municipal solidarízase coas vítimas dun peche motivado polo dumping de INDITEX, e apoiará a continuidade da iniciativa O drama do desmantelamento do sector da confección téxtil galega cóbrase unha nova vítima no noso territorio: a cooperativa de Lamas de Castelo acaba de pechar as súas portas deixando na rúa as súas 5 socias e 20 empregadas. Esta era xa a última iniciativa destas características que seguía operando no noso Concello, polo que se consuma o desmantelamento total dun sector que empregou durante anos a ducias de mulleres e que agora en boa parte se ven excluídas do mundo do traballo. O peche obedece ao cambio de criterios de INDITEX, empresa para a que subministraban a forza do seu traballo, en canto á diminución do prezo que o xigante téxtil lles aboa por cada prenda confeccionada. A merma é tal que pode considerarse un auténtico dumping , tan grave e repentino que literalmente as socias da cooperativa tiveron que tomar a decisión de pechar a porta por non...

Unha comitiva da pesca artesanal galega visitou Bruxelas convidada polo BNG

A representación galega presentou ante as institucións europeas as demandas do noso sector pesqueiro Unha nutrida comitiva organizada a instancias do BNG e da europarlamentaria Ana Miranda , visitou Bruxelas esta semana. No grupo participou tamén o noso flamante candidato Milucho Louro , asi como o noso veciño Primitivo Pedrosa , entre outros axentes sociais e tamén medios de comunicación de Galiza e da comarca. A visita, por duración de dous días, incluíu, a parte das visitas de orde á sede do Europarlamento e á Comisión de Pesca, unha axenda de encontros e reunións nos que os axentes sociais puideron expor as súas inquedanzas e tamén efectuar as súas demandas. Representantes da Costa da Morte. Fonte: QPC O luns a axenda pasou por unha entrevista con Gabriel Mato , poñente do informe aos Fondos Europeos de Marisqueo e Pesca 2021-2027, ao que lle trasladaron as inquedanzas do sector pesqueiro galego, que o BNG presentará en forma de enmendas. O responsábel do informe amosou ...

Renóvase Galiza Nova na Costa da Morte

O ceense Pablo Álvarez e a camariñá Noela Rial liderarán a organización xuvenil na nosa comarca Pablo Álvarez e Noela Rial, novos dirixentes de Galiza Nova A mocidade do BNG, organizada en Galiza Nova , conta desde esta semana con novos referentes na nosa comarca. Ocupará a responsabilidade comarcal Pablo Álvarez , veciño de Cee de 21 anos, estudante de Ciencias Políticas e grande artífice e referente na loita pola recuperación ao patrimonio público do Castelo do Príncipe da Ameixenda. Acompañaranos coma vicerresponsábel a moza camariñá Noela Rial e Tomás Facal , veciño de Zas, nas tarefas de organización. “Afrontamos esta nova etapa con moitísima ilusión e co obxetivo de facer chegar as nosas ideas e inquedanzas a mocidade de toda a Costa da Morte, e por suposto tentando atraer a todas as mozas e mozos que pensan como nós e que aínda non se atreveron a dar o paso de achegarse, mais sen dúbida tamén a todo aquel que estea desposto a pelexar por un futuro na nosa te...

«Temos un Concello único, o máis parecido ao paraíso»

Entrevista a Emilio Louro, novo candidato do BNG de Carnota Quen é Milucho? Son un veciño de Lariño de 52 anos que desenvolvin a maior parte da miña vida profesional, nada menos que 26 anos, na Confraría de Pescadores de Lira; participo activamente no movemento asociativo veciñal, sendo presidente da AA.VV. de Lariño durante 9 anos, e tamén son patrono da Fundación Lonxanet para a pesca sostible desde o 2001. Que sentistes cando a militancia do BNG che elixiu de candidato? Gran satisfacción e agradecemento polo nivel de respaldo e consenso da militancia, e ao mesmo tempo a enorme responsabilidade de ter que continuar un traballo encomiábel. Como asumes o testemuño de 8 anos de goberno do BNG? O equipo de goberno fixo fronte ao saneamento das contas municipais, malia o que foi quen de cumprir en gran medida o seu programa e de facer participe a veciñanza da vida municipal, un gran traballo de transparencia. No caso de chegares a alcalde, cal será a túa estratexia? Seguir na mesma sen...

Emilio Louro, novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Moncho Noceda pon fin á súa traxectoria na alcaldía cunha aposta pola continuación do proxecto do BNG e pola renovación das ideas Emilio Louro, Milucho, candidato do BNG Carnota A Asemblea Local do BNG de Carnota proclamou esta tarde por unanimidade a Emilio Louro Lamela , máis coñecido entre a nosa veciñanza coma Milucho, como novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota. A decisión chegou despois dun proceso de reflexión interna iniciado logo de que Moncho Noceda, actual portavoz e rexedor do noso municipio, comunicara recentemente á Asemblea a súa intención de poñer fin á súa etapa na alcaldía de Carnota, ao atoparse xa preto da súa idade de xubilación. Foi precisamente Moncho o encargado de transmitirlle a Milucho que fora proposto pola asemblea. Finalmente aceptou, segundo explicou, pola necesidade de continuar co proxecto nacionalista que levou a Carnota en só oito anos de ser un concello intervido e ao borde da insolvencia a ser viábel e estar saneado, mantendo e mesmo mello...

Sumar por Galiza: acompáñanos este 25 de xullo, Día da Patria, en Compostela

O BNG traslada ao Parlamento o retraso nas obras de saneamento en Carnota

Luís Bará: “Leva dez anos de demora e estamos ante un problema de saúde, de contaminación e de imaxe nunha zona de gran afluencia turística” O BNG trasladou ao Parlamento o longo retraso acumulado nas obras de saneamento na localidade do Pindo no Concello de Carnota, o que deriva nun problema de saúde pública, ambiental e mesmo de imaxe nun municipio que ten unha gran actividade turística pois conta con dous dos reclamos do patrimonio natural máis importantes e valiosos de Galiza como é a fervenza do Ézaro e o Monte Pindo. “Parécenos bochornoso, escandaloso, vergonzoso, que a obra estea aínda sen rematar, entendo as dificultades, pero tras o tempo transcorrido é incomprensible que estean sen finalizar, e de aí a mobilización veciñal ante unhas verteduras que son moi preocupantes”, salientou o deputado Luís Bará, portavoz do BNG na Comisión de Política Territorial, mentres mostraba imaxes deses vertidos ao director de Augas de Galiza, Roberto Martínez a quen pediu explicacións polas o...