Saltar ao contido principal

Publicacións

Quen é quen no conflito das xaulas de salmón?

Moito deu que falar a última bombeirada do alcalde de Carnota , tras postular as augas do noso municipio como posíbel destino das xaulas de cría en cautividade de salmón que foron rexeitando concello tras concello no noso entorno. Mais poucos se pararon a explicar que son estas xaulas, por que son nocivas e, sobre todo, quen son os (i)responsábeis que tentan crear estas instalacións que cada día teñen máis inimigos. O BNG de Carnota segue adiante co seu compromiso informativo coa veciñanza con este humilde pero esperamos clarificador artigo. Quen creou este conflicto? Carmen Gallego, ex-conselleira de Pesca O conflito das xaulas xurde nos últimos compases do anterior goberno da Xunta, despois de que a daquela conselleira de Pesca Carmen Gallego autorizara a instalación de xaulas no polígono Ribeira C da Ría de Arousa. Xa daquela o proxecto merecera severas críticas tanto polo BNG como polo PP. A estas críticas axiña se sumaron as de confrarías, armadores, mariñeiros, mariscad...

O BNG esíxelle ao alcalde de Carnota que aclare se estuda instalar xaulas de salmón nas nosas costas

Cartel do BNG en defensa da Reserva Poucos días despois de sabermos que a Reserva Mariña de Lira estaba a piques de desaparecer debido á falta de interese das institucións implicadas por conservar o servizo de vixilancia, agora o alcalde de Carnota acaba de abrir unha enorme polémica ao asegurar nun acto partidario da Xunta que estaría disposto a que Carnota acollera nas súas augas as famosas xaulas de cultivo de salmón que ningunha outra localidade aceptou nas súas, mesmo algunhas gobernadas por alcaldes do seu mesmo partido. Segundo se explica nos medios de comunicación, diversos portavoces populares entrevistáronse recentemente coa actual conselleira do Mar , Rosa Quintana, para trasladarlle a súa preocupación polas posíbeis consecuencias nocivas deste tipo de instalacións nos seus concellos e sobre todo o sentir absolutamente contrario entre as veciñanzas e confrarías. Foi durante esta xuntanza cando, nunha aparente arroutada mediática, o alcalde de Carnota José Oreiro levan...

A Reserva é Vida! Non deixemos que morra!

Ven á presentación da nosa candidatura!

O BNG de Carnota convídate a participar na Cea-presentación da nosa candidatura, que terá lugar o sábado 19 de marzo en Caldebarcos. Lobeira é deputado desde 1995 No acto, onde nos acompañará o deputado Bieito Lobeira , presentaremos as mulleres e homes que van formar parte da lista do BNG nas vindeiras eleccións municipais de Carnota, asi como das liñas xerais do noso programa, para o que contamos cunha importantísima participación veciñal, o que nos da plena confianza en que as nosas ideas van respostar ás necesidades reais de cada lugar e parroquia. Con este acto tamén queremos agradecer a enorme colaboración e entusiasmo amosado polos veciños e as veciñas do noso concello con este proxecto para que o 22 de maio poidamos, despois de catro anos, devolver a ilusión e a esperanza a toda a cidadanía. Vinde e participade con nós! Sábado 19 de marzo a partir das 20:00 horas Lugar: Restaurante O Feitizo (Caldebarcos) Prezo da cea: 20 € por asistente Podes confirmar a túa asi...

O PP ameaza agora a Reserva Mariña de Lira, un exemplo para o mundo

O BNG de Carnota súmase á preocupación amosada pola Confraría de Pescadores de Lira tras a supresión da vixiancia na Reserva Mariña dos Miñarzos , o que na práctica pode supoñer a súa sentenza de morte por deixar completamente desamparado un proxecto que foi noticia en todo o mundo e mesmo se está a exportar a outras latitudes. Algunhas voces xa califican a idea de reservas sen vixiancia como reservas de papel , posto que ao carecer de efectivos para facer respectar as limitacións nestes espazos protexidos estas pasan a ser pouco menos que un brindis ao sol desde o 16 de marzo, cando finaliza o contrato que mantén o servizo de vixilancia ata agora financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Pesca. A Xunta segue sen dar sinais de vida. O BNG de Carnota denuncia que unha iniciativa pioneira que partiu de Lira, Carnota e Galiza para o mundo non mereza o máis mínimo interese por parte dos gobernos "populares" de Carnota e de Galiza, que cada vez están máis a...

Mulleres: o motor deste País! Sábado 12 en Lira, acto público polo Día Internacional da Muller Traballadora!

Esta semana celebramos o Día Internacional das Mulleres, que ten lugar no medio dunha importante ofensiva regresiva en canto ás políticas de igualdade imprescindíbeis para avanzar cara a unha sociedade máis democrática, que artelle medidas que atendan ás demandas das mulleres e loiten contra a discriminación de xénero. Un bo exemplo desta política regresiva de recortes é a eliminación das axudas ás mariscadoras e tamén das axudas para as mulleres que sofren violencia de xénero. Unhas decisións que, baixo a excusa dos axustes debidos á crise, agravan a situación das mulleres galegas e sobre todo no rural. Tampouco en Carnota somos alleos ás consecuencias dunhas políticas equivocadas para afrontar os problemas das mulleres. Todo o paquete de medidas sociais postas en marcha polo anterior goberno municipal, impulsadas pola concelleira do BNG Merche Díaz, foron suprimidas en canto o PP accedeu ao goberno: Asistencia a domicilio, cursos de alfabetización, idiomas ou informática, asi com...

Un experto do BNG explica en video a Lei de Augas

Gonzalo Castro, asesor xurídico do BNG, explica o contido da Lei de Augas de Galiza, unha norma aprobada en solitario polo PP no Parlamento Galego que mesmo triplicará o que a xente ten que pagar pola auga. A lei é especialmente inxusta para a xente do rural galego, pero para que resulte máis "dixeríbel" o PP prevé aplicala en toda a súa dimensión só unha vez pasadas as eleccións municipais, para intentar minimizar o previsibel desgaste para os seus candidatos en vilas e cidades. Convidámosvos a velo, nomeadamente a aquelas e aqueles que non tivérades a oportunidade de asistir ás charlas informativas que desenvolviu nas últimas semanas o BNG de Carnota no Pindo , Carnota , Lariño , San Mamede , Caldebarcos ou Mallou ., durante os que explicamos a Lei polo miúdo, respostamos todas as vosas dúbidas e distribuimos copias da nova normativa aprobada polo PP entre as comunicades de augas e tamén quen no-la solicitara. Novas relacionadas Sábado 12, charla sobre a Lei de Auga...