Moito deu que falar a última bombeirada do alcalde de Carnota , tras postular as augas do noso municipio como posíbel destino das xaulas de cría en cautividade de salmón que foron rexeitando concello tras concello no noso entorno. Mais poucos se pararon a explicar que son estas xaulas, por que son nocivas e, sobre todo, quen son os (i)responsábeis que tentan crear estas instalacións que cada día teñen máis inimigos. O BNG de Carnota segue adiante co seu compromiso informativo coa veciñanza con este humilde pero esperamos clarificador artigo. Quen creou este conflicto? Carmen Gallego, ex-conselleira de Pesca O conflito das xaulas xurde nos últimos compases do anterior goberno da Xunta, despois de que a daquela conselleira de Pesca Carmen Gallego autorizara a instalación de xaulas no polígono Ribeira C da Ría de Arousa. Xa daquela o proxecto merecera severas críticas tanto polo BNG como polo PP. A estas críticas axiña se sumaron as de confrarías, armadores, mariñeiros, mariscad...