Saltar ao contido principal

Publicacións

A xustiza lexitima as reivindicacións do BNG e dos traballadores de Servia

A folga de novembro puxo luz e taquígrafos sobre a total incompetencia do PP para resolver os problemas dos carnotáns Despois de meses cos gobernos de Carnota e Ames sementando sospeitas sobre a lexitimidade da folga indefinida na recollida do lixo de novembro, a Xustiza finalmente ditaminou que a mobilización foi totalmente legal . Euloxio Franco denunciou en outubro os impagos do PP A sentencia vén a recoñecer de xeito póstumo que Euloxio Franco non se equivocaba nas súas advertencias nin na súa defensa decidida dos traballadores de Servia, malia que durante aqueles días parecía que só o BNG estaba da parte da xente. Como ben explican desde o Comité de Empresa en declaracións á prensa, « agora a Lei danos a razón, os que mentían eran outros que agora teñen que tragarse as súas palabras », deixando en evidencia os executivos de Carnota e Ames (PP, PSOE), que intentaron desviar a atención dos multimillonarios impagos do servizo e culpando a traballadoras e traballadores aos qu...

Falece Euloxio Franco

Carnota amenceu hoxe consternada pola morte dun dos seus veciños máis queridos e socialmente activos, o concelleiro do BNG de Carnota, Euloxio Franco Barba, con só 55 anos. Hai poucos anos Euloxio viña de instalarse de novo en Carnota coa súa familia, despois dunha longa etapa emigrado en Euskadi, onde participou moi activamente no Centro Galego de Barakaldo e tamén mantivo unha activa vida política, cultural e sindical, a través da asemblea do BNG na emigración basca e chegando a presidir o sindicato de transportes de Euskadi. Cando por fin viu a ocasión de retornar a Carnota, Euloxio estabeleceu axiña contacto co BNG da localidade, destacándose en pouco tempo como un dos militantes máis comprometidos e activos non só coa causa nacionalista senón con calquera causa social e incluso deportiva, mantendo unha intensa participación no tecido asociativo e máis recentemente, incorporándose á directiva da Asociación Monte Pindo Parque Natural . No político, Euloxio foi elixido no 2...

Sábado 12, charla sobre a Lei de Augas no colexio do Pindo

O BNG de Carnota continúa co seu compromiso informativo para que os veciños tomen conciencia dos contidos e repercusión da lei de Augas que a Xunta de Galiza pretende impoñer á cidadanía supoñendo un novo golpe tributario ás súas economías. Tras Carnota , Lariño , San Mamede , Caldebarcos e Mallou , serán agora os veciños de Panchés, A Curra, Quilmas e O Pindo os que poderán asistir á charla informativa terá lugar o próximo sábado 12 de febreiro no Colexio do Pindo, a partir das 6 da tarde. Novas relacionadas Carnota acolle unha charla do BNG sobre a Lei de Augas Os veciños de Lariño poderán achegarse ao seu local veciñal a coñecer a Lei de Augas Mallou acollerá a vindeira charla explicativa sobre a Lei de Augas O BNG explicaralle este domingo a Lei de Augas aos veciños de Caldebarcos O BNG vai explicar a Lei de Augas en todas as parroquias, comezando este domingo no Viso Consulta o texto oficial da Lei de Augas (PDF)

Carnota acolle unha nova charla sobre a Lei de Augas

Tras o burdo intento do PP no goberno de Carnota por desinformar a veciñanza mentindo e restándolle importancia a contidos e repercusión da Lei de Augas pola cal a Xunta pretende colarnos despois das eleccións municipais gravames por toda utilización da auga, para incluso obrigarnos a pagar traídas veciñais e pozos particulares, o BNG renova o seu compromiso informativo con toda a veciñanza para que esta poida coñecer coa lei na man o alcance real desta medida que vai supor un tremendo golpe ás economías familiares. Asi, Carnota será a localidade que continúe a xira de charlas informativas que xa celebramos en Lariño , San Mamede , Caldebarcos e Mallou. A charla informativa terá lugar o próximo sábado 5 de febreiro no Salón de Actos do Concello, a partir das 6:30 da tarde. A charla centrarase nas poboacións de Carnota a Pedrafigueira, incluíndo Vilar, Nóutigos, Insua, Lagareiros, Pedramarrada...Convidamos a toda esta veciñanza a asistir, en especial aos membros de comisións d...

O BNG de Carnota inaugura esta fin de semana o seu local

A Asemblea local de Carnota do BNG vai inaugurar este sábado 22 ás 18:30 da tarde as súas novas instalacións, sitas no nº 8 das Breas (a carón da ferretería e en fronte do estanco), en pleno centro de Carnota. Contan co valor engadido de ser o primeiro local do frentismo carnotán na súa historia. O novo local non só aspira a mellorar o funcionamento e coordinación do BNG, senón que pretende converterse axiña nun punto de encontro de toda a poboación, que poderán obter aquí máis información sobre o proxecto nacionalista pero sobre todo poderán transmitirlle á primeira forza da oposición carnotá todas as súas inquedanzas, asi como as súas ideas para ir facendo entre todos que o noso municipio sexa un pouco mellor cada día. Para acadalo, o local xestionarase dun xeito dinámico, como se dun servizo público se tratase, e estará tamén a disposición do puxante tecido asociativo do noso concello, que desgrazadamente case en ningún caso conta cun lugar en condicións no que reunirse para pre...

Os veciños de Lariño poderán achegarse ao seu local veciñal a coñecer a Lei de Augas

Continuando coa xeira de charlas informativas que xa se celebraron en San Mamede , Caldebarcos e Mallou , será agora Lariño quen acolla unha nova charla informativa do BNG sobre a Lei de Augas mediante cal a Xunta do PP pretende estabelecer pasadas as eleccións gravames por toda utilización da auga por parte dos veciños, incluso os pozos particulares e as traídas veciñais. A charla informativa terá lugar no local veciñal de Lariño (a carón do cemiterio) o sábado 15 de xaneiro, ás 6 da tarde. Como vén sendo habitual, facemos extensivo o convite a toda a veciñanza. Novas relacionadas Mallou acollerá a vindeira charla explicativa sobre a Lei de Augas O BNG explicaralle este domingo a Lei de Augas aos veciños de Caldebarcos O BNG vai explicar a Lei de Augas en todas as parroquias, comezando este domingo no Viso Consulta o texto oficial da Lei de Augas (PDF)

Mallou acollerá a vindeira charla explicativa sobre a Lei de Augas

Logo do éxito das celebradas en San Mamede e Caldebarcos , o BNG de Carnota continúa agora en Mallou a súa campaña informativa porta a porta sobre a Lei de Augas pola cal a Xunta pretende estabelecer gravames por toda utilización da auga por parte dos veciños, incluso os pozos particulares e as traídas veciñais. A charla informativa terá lugar no local veciñal de Mallou o xoves 23 de decembro, ás 8 da tarde. Convidamos a toda a veciñanza a asistir para conseguir que estas charlas sigan sendo tan participativas e resolutivas como o foron ata agora, e que a ninguén lle queden dúbidas sobre o alcance real desta Lei, que o Partido Popular na Xunta de Galicia pretende aplicar estratéxicamente só unha vez pasadas as eleccións municipais. Novas relacionadas O BNG explicaralle este domingo a Lei de Augas aos veciños de Caldebarcos O BNG vai explicar a Lei de Augas en todas as parroquias, comezando este domingo no Viso Consulta o texto oficial da Lei de Augas (PDF)