Tras o burdo intento do PP no goberno de Carnota por desinformar a veciñanza mentindo e restándolle importancia a contidos e repercusión da Lei de Augas pola cal a Xunta pretende colarnos despois das eleccións municipais gravames por toda utilización da auga, para incluso obrigarnos a pagar traídas veciñais e pozos particulares, o BNG renova o seu compromiso informativo con toda a veciñanza para que esta poida coñecer coa lei na man o alcance real desta medida que vai supor un tremendo golpe ás economías familiares.
Asi, Carnota será a localidade que continúe a xira de charlas informativas que xa celebramos en Lariño, San Mamede, Caldebarcos e Mallou.
A charla informativa terá lugar o próximo sábado 5 de febreiro no Salón de Actos do Concello, a partir das 6:30 da tarde.
A charla centrarase nas poboacións de Carnota a Pedrafigueira, incluíndo Vilar, Nóutigos, Insua, Lagareiros, Pedramarrada...Convidamos a toda esta veciñanza a asistir, en especial aos membros de comisións de augas. Asi mesmo, a quen o desexe entregaránselle copias da lei.

Novas relacionadas
- Os veciños de Lariño poderán achegarse ao seu local veciñal a coñecer a Lei de Augas
- Mallou acollerá a vindeira charla explicativa sobre a Lei de Augas
- O BNG explicaralle este domingo a Lei de Augas aos veciños de Caldebarcos
- O BNG vai explicar a Lei de Augas en todas as parroquias, comezando este domingo no Viso
- Consulta o texto oficial da Lei de Augas (PDF)

Comentarios
Publicar un comentario