Logo do éxito das celebradas en San Mamede e Caldebarcos, o BNG de Carnota continúa agora en Mallou a súa campaña informativa porta a porta sobre a Lei de Augas pola cal a Xunta pretende estabelecer gravames por toda utilización da auga por parte dos veciños, incluso os pozos particulares e as traídas veciñais.
A charla informativa terá lugar no local veciñal de Mallou o xoves 23 de decembro, ás 8 da tarde.
Convidamos a toda a veciñanza a asistir para conseguir que estas charlas sigan sendo tan participativas e resolutivas como o foron ata agora, e que a ninguén lle queden dúbidas sobre o alcance real desta Lei, que o Partido Popular na Xunta de Galicia pretende aplicar estratéxicamente só unha vez pasadas as eleccións municipais.

Comentarios
Publicar un comentario