Saltar ao contido principal

Publicacións

A charla "Monte Pindo, parque natural!" amosa o entusiasmo de veciñanza e axentes sociais ante a iniciativa

A charla informativa aberta, organizada por Galiza Nova , congregou o pasado sábado no colexio do Pindo a máis de medio cento de veciños chegados desde todos os puntos do noso municipio e tamén de concellos limítrofes, que puideron descubrir a iniciativa na boca dos seus autores, tomar a palabra e tamén resolver todas as dúbidas. Abriu a charla Mario Maceiras , responsábel comarcal de Galiza Nova, que tras agradecer a importante asistencia ao acto desmentiu rotundamente que a proposta de declaración de Parque Natural non proceda da veciñanza, como se vén insistindo desde o Concello, pois xurdiu dunha dilatada serie de conversas de veciños adscritos a diversos colectivos cos membros de ADEGA. Asi mesmo, lamentou que o alcalde de Carnota non deixara claro o seu apoio ao parque natural, sementando así dúbidas sobre un proxecto que só pode achegar beneficios non só ao Monte Pindo e a Carnota senón a toda a Costa da Morte, en contraposición ao actual estado de abandono deste espazo. A cont...

Galiza Nova organiza unha charla informativa aberta no Pindo sobre a proposta de Parque Natural

Galiza Nova organiza o sábado 18 de setembro, ás 18:00 horas no Colexio Público do Pindo, unha charla informativa aberta co título Monte Pindo, parque natural! á que traerán aos propios artífices da iniciativa para explicar en que consiste, e que a veciñanza poida formularlle as súas dúbidas. No acto, presentado pola flamante responsábel local de Galiza Nova , Nuria Pampín , intervirán o responsábel comarcal de Galiza Nova da Costa da Morte, Mario Maceiras , o relator da iniciativa pola declaración do Monte Pindo como Parque Natural , Martiño-Fiz López , e o secretario executivo de ADEGA, Fins Eirexas (non se descarta que se sumen á palestra outros expertos). Convidamos a toda a veciñanza (e tamén asociacións de todo tipo) a asistir, pois este acto servirá de presentación oficial da iniciativa no noso concello, e ademais nunha localización tan apropiada como é esta, aos pes do mesmísimo Monte Pindo. Esta actividade está encadrada na campaña en apoio da declaración do Monte Pindo co...

A campaña de represión política do alcalde de Carnota alcanza agora a concelleiros do BNG

Despois de ameazar, expedientar e mesmo despedir a varios traballadores do Concello de Carnota ao longo deste mandato por causa da súa implicación política, o alcalde de Carnota decidiu emprendela agora cun concelleiro e membro do BNG, Euloxio Franco Barba, mediante unha absurda carta de ameaza que damos a coñecer á veciñanza, asi como a contestación que lle mereceu o escrito ao afectado. Escrito de José Oreiro Resposta de Euloxio Franco As mostras de indignación entre os veciños de Euloxio Franco non se fixeron esperar; a inmensa maioría deles xa expresaron a súa solidariedade co noso compañeiro e mesmo a súa disposición a testificar no seu favor onde sexa preciso para negar as ridículas acusacións do señor Oreiro. Ademais, na noite do venres apareceron varias pintadas anónimas no centro de Carnota esixindo a "fin da persecución política a Euloxio". Por outra parte, moitos centos de copias do escrito ameazante asinado por José Oreiro e da correspondente resposta foron distri...

O BNG de Carnota apoia a declaración de Parque Natural para o Monte Pindo

A proposta de ADEGA , apoiada polos maiores expertos galegos en medioambiente, atraerá importantes vantaxes económicas e sociais para os veciños da zona Profesores universitarios galegos, investigadores e representantes ecoloxistas veñen de presentar ante o Observatorio Galego da Biodiversidade un documento que recopila o enorme interés científico e ambiental da área natural do Monte Pindo e solicitan a creación dun novo Parque Natural, que sería o séptimo existente en Galiza. O documento salienta a importancia biolóxica, xeolóxica, patrimonial e histórica deste lugar privilexiado que Otero Pedrayo denominou como “Olimpo Celta”, e que na actualidade se atopa enormemente abandonado e infrautilizado por veciños e visitantes. A figura de Parque Natural contempla destacadas inversións turísticas e ambientais e mesmo sociais non só no seu territorio senón tamén na zona, o que xunto coa facilidade da promoción turística dun parque natural tan destacado suporá, no caso de facerse, un autécti...

O BNG de Carnota presenta alegacións ao POL e convida aos afectados a facer as súas

Tal e como anunciara recentemente , o BNG fai hoxe público as súas alegacións de carácter xeral que vai presentar en breve ao novo proxecto do Plan de Ordenación do Litoral que vén de presentar a Xunta de Galiza. Estas alegacións fundaméntanse nos aspectos que pasamos a explicar para o coñecemento de todas e todos os veciños. O concello de Carnota xa está moi restrinxido urbanísticamente, por verse afectado na práctica totalidade da súa superficie por figuras de protección coma a Rede Natura 2000 ou a Lei de Costas (debendo ter en consideración que o noso concello exténdese por 40 quilómetros de litoral). Aínda entendendo como altamente beneficiosas estas proteccións, que conseguiron atallar a lacra da especulación inmobiliaria na súa etapa máis salvaxe, o BNG defende que a veciñanza si debe contar con zonas para un certo desenvolvemento urbano (regulado e planificado, claro está) asi como para mellorar as construcións xa existentes, o que todos coñecemos como desenvolvemento substent...

O PP recúa ante a presión veciñal e modifica o Plan de Ordenación do Litoral

Ábrese o prazo para que os veciños poidan presentar alegacións Despois da reacción que o Plan de Ordenación do Litoral viñera a subscitar nas poboacións costeiras de Galiza, a Xunta de Feijóo viuse obrigada a recuar e modificar a práctica integridade do proxecto. Sen dúbida, esta inesperada marcha atrás tivo moito que ver coa preocupación dos afectados, e tamén coa resposta política que o BNG deu ao Plan ao longo da costa galega. No caso de Carnota, de feito, o BNG foi a única formación que se ocupou de dar a coñecer o Plan entre os afectados, mentras o PSOE calou e o PP tratou de restarlle importancia e só se preocupou polos intereses dos grandes especuladores urbanísticos, tal e como demostrou o polémico escrito de "observacións" presentado polo Concello de Carnota no que só mentaba ese tipo de propiedades e ningunha dos veciños nin das veciñas. Para poder explicar con fidelidade o Plan á veciñanza, primeiro mantivemos unha reunión co experto en materia urbanística César ...

Revista A Moa nº 32 - Verán de 2010

Edición nº 32 correspondente ao verán de 2010 deste Voceiro local do BNG de Carnota. Sumario: Carnota é o concello de Galiza máis gravemente afectado polo Plan de Ordenación do Litoral* En breve abrirase o prazo para que os veciños poidan alegar* A Corporación municipal aproba unha iniciativa do BNG para mellorar Correos O BNG rexeita os orzamentos locais porque son insolidarios e non resolven os problemas de Carnota O BNG propón que a corporación carnotá se una para pedir a retirada do abusivo «canon da auga» Fracasa a xestión do Plan E en Carnota, que se converte xa no terceiro concello máis endebedado da provincia O goberno de Carnota endebedado pola súa política represora dos traballadores e traballadoras Un Estatuto de Nación para unha Galiza de Primeira *Actualización: A raíz dos cambios de última hora no Plan de Ordenación do Litoral , decidimos incluír unha separata cos seguintes artigos: O PP recúa ante a presión veciñal e modifica o Plan de Ordenación do Litoral Nuria Pampín,...