Tal e como anunciara recentemente , o BNG fai hoxe público as súas alegacións de carácter xeral que vai presentar en breve ao novo proxecto do Plan de Ordenación do Litoral que vén de presentar a Xunta de Galiza. Estas alegacións fundaméntanse nos aspectos que pasamos a explicar para o coñecemento de todas e todos os veciños. O concello de Carnota xa está moi restrinxido urbanísticamente, por verse afectado na práctica totalidade da súa superficie por figuras de protección coma a Rede Natura 2000 ou a Lei de Costas (debendo ter en consideración que o noso concello exténdese por 40 quilómetros de litoral). Aínda entendendo como altamente beneficiosas estas proteccións, que conseguiron atallar a lacra da especulación inmobiliaria na súa etapa máis salvaxe, o BNG defende que a veciñanza si debe contar con zonas para un certo desenvolvemento urbano (regulado e planificado, claro está) asi como para mellorar as construcións xa existentes, o que todos coñecemos como desenvolvemento substent...